Historia
Un libro sobre obxectos para explicar Galicia
O historiador cañicense David Gesteira presentou a súa primeira obra no Concello da Cañiza

David Gesteira, Luis Piña e César Lorenzo. | // D.P.
d.p.
A pasada semana, o Salón de Plenos do Concello da Cañiza acolleu a presentación do libro A historia de Galicia en 30 obxectos, do historiador e veciño da vila, David Gesteira. O evento contou coa presenza do alcalde Luis Piña, quen acompañou ao autor nesta estrea editorial, así como co editor César Lorenzo Gil, da Editorial Aira «Follas Voadoras».
Durante o acto, o alcalde agradeceu a Gesteira por escoller a Cañiza para dar a coñecer esta primeira edición, xa dispoñible nas librarías locais. Salientou tamén a importancia de apoiar proxectos culturais de autoría local, especialmente aqueles que, como este, teñen vocación de divulgación e de posta en valor da identidade galega.
Trátase dunha publicación infantil, con ilustracións de Miguel Robledo, que busca achegar a historia de Galicia ás persoas máis novas a través de trinta obxectos significativos. Elementos como unha campá, un carro, unha moeda ou un reloxo serven de fío condutor para explorar o pasado da comunidade, ofrecendo unha vía accesible e didáctica para a aprendizaxe.
Segundo explicou o autor, a intención do libro é «manter viva a memoria de Galicia a través de obxectos que falan por si mesmos», permitindo que lectoras e lectores, tanto cativada como persoas adultas, viaxen no tempo a través destas pezas cargadas de significado. Entre as páxinas tamén se atopan referencias a libros históricos, ferramentas antigas ou construcións emblemáticas que enriquecen o percorrido pola historia galega.
O alcalde Piña pechou o acto con palabras de recoñecemento ao traballo do autor e co desexo de que esta publicación sexa a primeira de moitas, expresando a vontade de que a Casa Consistorial continúe sendo espazo para a promoción da cultura local.
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Fer López, camino del Wolves
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»