Éxito de público na XVII Sementeira de Corzáns malia a choiva intermitente
tradición
y A festa combinou música, xogos populares e labores do campo, cun plan de accesos mellorado e máis aparcadoiros para facilitar a asistencia

Un momento da festa, con moita xente participando. | // JUAN CARLOS PÉREZ
d.p.
A Área Recreativa Muíño da Ponte, na parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño, acolleu os pasados días 9, 10 e 11 de maio a décimo sétima edición da Sementeira e Música, unha cita consolidada no calendario cultural galego que este ano volveu reunir a centos de persoas arredor da música tradicional, os xogos populares e as tarefas do campo.

Rubén Barbeito, da asociación Quinta do Piñeiro, na festa. | // J.C.P.
A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro, organizadora do evento, apostou nesta ocasión por mellorar a accesibilidade e comodidade das persoas asistentes, ampliando as zonas de aparcamento ata un total de catro. Entre elas destacou a zona P1, con espazos reservados especificamente para persoas con mobilidade reducida e tarxeta correspondente.

Na festa non faltaron os traballos tradicionais do campo. | // J.C.P
Tamén se puxo en marcha un plan de acceso renovado, coa entrada principal pola estrada EP-4006, á altura da parroquia de Meder, e outra opción pola PO-402 en Corzáns. As saídas organizáronse a través das vías paralelas da AG-51, cara á parroquia de Fiolledo e ás rotondas de Soutolobre, co obxectivo de facilitar a fluidez do tráfico e evitar atascos.
Un dos principais retos da organización foi prever a posibilidade de chuvia durante a fin de semana. Por este motivo, habilitouse unha carpa de 400 metros cadrados na zona de concertos, o que permitiu manter o programa musical con normalidade e garantir o desfrute do público malia as condicións meteorolóxicas adversas en determinados momentos.
A xornada do venres estivo especialmente dedicada á inclusión, coa participación do CRA A Lagoa de Salvaterra de Miño e das asociacións ADAPTA e Avelaíña, de Ponteareas. Estas entidades, que traballan no ámbito da diversidade funcional, tiveron un papel protagonista nunha programación pensada para todas as idades e capacidades.
Durante o sábado e o domingo, o ambiente festivo intensificouse con actuacións moi agardadas polo público. Subiron ao escenario grupos e artistas recoñecidos dentro da música galega como Dakidarría, A Banda da Loba, Festicultores, Catuxa Salom, La Duendeneta e Son das Tabernas, entre outros. As propostas musicais combinaron sons tradicionais con ritmos máis contemporáneos, conseguindo atraer públicos diversos e reforzando o carácter plural do evento.
Un dos momentos máis esperados da fin de semana tivo lugar o domingo ás 13:30 horas, cando o actor galego Luis Zahera foi o encargado de dar lectura ao pregón.
A XVII Sementeira e Música volveu así reafirmar o seu papel como evento de referencia na comarca e na comunidade, apostando por un modelo de festa popular que combina tradición, modernidade e accesibilidade. A organización destacou a boa acollida das melloras implantadas e valorou positivamente a resposta do público, que un ano máis demostrou o seu apoio a unha celebración que ten na identidade galega o seu principal sinal de identidade.
A cita despediuse cun ambiente festivo e familiar, coa vista posta xa na vindeira edición, na que se espera seguir medrando e consolidando unha proposta cultural única no calendario galego.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Ni medicina ni odontología: estas son las 2 únicas carreras con nota de corte superior al 13.0 en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Paz Rodríguez abre en Vigo la primera tienda de su historia y mira a Asia para su expansión
- Oncología del Chuvi se despide de Gerardo Huidobro: «Su memoria nos servirá de guía»