Sociedade

Baiona celebra os primeiros dez anos do roteiro musical «Sons do Casco»

O evento dará comezo á programación de verán e terá lugar os días 21 e 22 de xuño

Sobre estas liñas, un momento da pasada edición de «Sons do Casco». Á dereita, músicos miñoráns nunha das anteriores edicións.  | // D.P.

Sobre estas liñas, un momento da pasada edición de «Sons do Casco». Á dereita, músicos miñoráns nunha das anteriores edicións. | // D.P.

d.p.

[Baiona]

A Ruta Musical «Sons do Casco» volverá a Baiona en xuño de 2025, por décimo ano consecutivo, co obxectivo de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de ocio na vila.

Baiona celebra os primeiros dez anos  do roteiro musical «Sons do Casco»

Baiona celebra os primeiros dez anos do roteiro musical «Sons do Casco»

Dende as Concellerías de Festexos e Comercio do Concello de Baiona, sinalan que este evento dará o pistoletazo de saída á programación cultural de verán do municipio, que a Concellería de Festexos, dirixida por Ruth Álvarez González, está ultimando de cara á súa presentación oficial, que en breves días darase a coñecer.

Programación

Esta nova edición da ruta musical que terá lugar os días 21 e 22 de xuño de 2025, abrindo o verán por todo o alto, levará a Baiona un fin de semana repleto de música en directo no que participarán un total de 15 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, folk, country, flamenco, pop-rock, rock & roll, etc, que encherán de música os oito escenarios repartidos polas prazas e rúas máis senlleiras do casco histórico baionés como son Padre Fernando, Ventura Misa, Diego Carmona, Lorenzo de la Carrera, Fernando de Castro, os Xardíns da Casa da Navegación, Praza Fonte de Zeta, e a Alameda Carabela Pinta.

Entre as novidades musicais de este ano, destacarán a actuación do cantante Álari, exintengrante do exitoso grupo Chocolate, famoso polo seu hit «Mayonesa», canción que sonou de xeito internacional fai algúns anos, convertíndose nun clásico da música latina.

Nesta ocasión, o cantante uruguayo deleitará ao público coas cancións que interpreta na súa carreira en solitario.

Coa intención de dar cabida ao talento emerxente e impulsalo nos comezos das súas carreiras, especialmente cando se trata de mocidade da contorna, a ruta contará coa actuación do grupo 42º Norte, grupo formado por 4 talentos mozos de entre 12 e 14 anos, orixinarios do Val Miñor, que co seu toque fresco e persoal conquistan escenarios co seu tema propio «Xeración Alfa», unha canción con gran repercusión mediática que xa se converteu en todo un himno contra o bullying. A banda integrada por Anxo, Martina, Lucca e Mencía, xa está a traballar no lanzamento do seu próximo tema orixinal, co cal esperan seguir emocionando e conectando co público.

Así mesmo, nesta edición será posible disfrutar coa actuación de Noemí Fernández, participante do concurso televisivo «La voz» na edición do 2023, artista galega que está a acadar grandes éxitos.

Algúns grupos e solistas que repiten presencia nesta ruta musical, son Four passenger, Sin reserva acústico ou Diego Caride, que non quixeron perderse o décimo aniversario do evento e que deleitarán ao público como en edicións anteriores.

A Concellería de Festexos do Concello de Baiona, aposta una vez máis pola música en directo, pola música de proximidade, e pola música na rúa, organizando esta décima ruta musical que mantén o formato da edición anterior, realizandose sábado e domingo durante todo o día, enchendo durante dous días consecutivos a vila de Baiona de boa música e música para todos e todas.

Tracking Pixel Contents