Arbo impulsa a creación da Agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño
d.p.
O Concello de Arbo celebrou esta semana unha reunión informativa no Salón de Plenos da Casa Consistorial, co obxectivo de explicar o proceso de creación da Agrupación de Voluntariado de Protección Civil Ribeira do Miño.
Esta nova agrupación, promovida polos Concellos de Arbo, As Neves e Crecente, terá a súa base de operacións en Arbo.
Obxectivos
A iniciativa nace coa finalidade de garantir a coordinación preventiva e operativa na protección de persoas e bens ante situacións de emerxencia, como riscos graves, catástrofes ou calamidades públicas.
Durante a reunión, dirixida pola delegada de zona da Asociación de Agrupacións de Voluntarios/as de Protección Civil (APAV), informouse ás persoas asistentes sobre o funcionamento da futura agrupación e o proceso para formar parte dela.
Formación
As persoas interesadas poderán anotarse ao curso básico de Protección Civil, que terá lugar en Arbo os días 24, 25 e 31 de maio e o 1 de xuño.
Esta formación, organizada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte en colaboración coa AGASP, abordará coñecementos fundamentais como primeiros auxilios, actuación en accidentes de tráfico, emerxencias no fogar, organización de eventos con grandes concentracións e simulacros de evacuación.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinala que «os voluntarios e voluntarias recibirán toda a formación necesaria para poder actuar con eficacia en casos de emerxencia».
A agrupación constituirá un servizo esencial que prestará cobertura aos tres concellos implicados, converténdose nun recurso clave para a seguridade da veciñanza.
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar
- La portavoz del PSOE de Mos, Victoria Alonso, renuncia a su acta de concejala
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- La playa de arena negra más bonita de España está en Galicia: custodiada por un barco naufragado y en una aldea con solo dos habitantes