Ocio

Preto de 16.000 pinchos vendidos durante a II Ruta Pinchoterra

A actividade, con 25 locais, superou cada semana as cifras da primeira edición

O mal tempo non evitou que as persoas asistentes gozaran dos pinchos da ruta.

O mal tempo non evitou que as persoas asistentes gozaran dos pinchos da ruta.

d.p.

[Salvaterra de Miño]

A II Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño rematou o pasado venres superando as cifras da primeira edición e contando cunha alta participación do público que a pesares do tempo non deixou de degustar as propostas gastronómicas dos locais participantes. As cifras son notables chegando este ano case ós 16.000 pinchos servidos durante os xoves e venres do mes de abril.

Pinchoterra foi lugar de encontro e degustación para todas as idades e preferencias.

Pinchoterra foi lugar de encontro e degustación para todas as idades e preferencias. / D. P.

O público, que valorou positivamente a elaboración nas propostas gastronómicas tamén con opción veganas, vexetarianas e sen glute, percorreu durante este mes os 25 establecementos de hostalaría enchendo os locais e rúas da vila e das parroquias.

Agora chega o momento tan esperado entre o público, o vindeiro luns 5 de maio procederase a realizar o sorteo dos 38 premios que consisten nun primeiro premio dun vale de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 25 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.

Pinchoterra foi lugar de encontro e degustación para todas as idades e preferencias.

Pinchoterra foi lugar de encontro e degustación para todas as idades e preferencias. / D. P.

O luns o sorteo e reconto realizarase ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño contando cos hostaleiros e estará aberto ó público en xeral.

Posteriormente publicaranse as persoas gañadoras dos sorteos da ruta na páxina web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Tracking Pixel Contents