Cultura
Ponteareas homenaxea a Ángel Viro Caamaño, corazón de música
Ponteareán de adopción, levou o nome da vila alá onde chegou a súa arte

Un momento da homenaxe a Ángel Viro.
D.P.
O Concello de Ponteareas homenaxeou ao compositor e músico Manuel Ángel Viro Caamaño, pianista, compositor e director do conservatorio municipal de música durante quince anos, lugar onde se descubríu unha placa co seu nome.
Alumnado e profesorado do conservatorio municipal Reveriano Soutullo ofreceron un concerto no que actuou a banda de música, o coro e a orquestra do conservatorio e no que a alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, lle entregaron un agasallo para prolongar o recordo deste día de homenaxe.
«Son moitos os fogares nos que hai un piano grazas a esa paixón e vocación que contaxiou Ángel Viro. Levou o nome de Ponteareas por certames e concertos de toda España e non son poucas as partituras galegas, panxoliñas, obras relixiosas e misas da súa autoría.», salientaba a alcaldesa na súa intervención.
Alcaldesa e concelleiro coincidiron en recordar a importante achega musical de Viro, autor dun bo número de composicións para coro, orquestra, canto e piano.
O director do conservatorio e vicedirector tamén quixeron lanzar mensaxes de cariño durante a homenaxe e recordaron as horas como alumno de Ángel Viro e as vivencia ao eu carón.
Pianista, compositor, director do conservatorio municipal de música durante quince anos. Foi Director da a Escolanía do Seminario Menor e a Schola Cantorum do Seminario Mayor de Santiago de Compostela.
É autor de bo número de composicións, para coro, orquestra, canto e piano. Consegue o primeiro premio de Composición durante catro anos consecutivos. Asistiu, convidado polo Vaticano, ao Congreso internacional de Organistas e Mestres de Capela.
A Polifónica de Ponteareas tamén leva o seu selo dende que se fundou no 1965.
Ángel Viro, inda que non naceu en Ponteareas, levou o nome da localidades por certames e concertos de toda España e non son poucas as partituras galegas, panxoliñas, obras relixiosas e misas da súa autoría.
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar
- La portavoz del PSOE de Mos, Victoria Alonso, renuncia a su acta de concejala
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- La playa de arena negra más bonita de España está en Galicia: custodiada por un barco naufragado y en una aldea con solo dos habitantes