Medio Ambiente
O IV Encontro de Viños da Raia consolídase como evento sostible
Con este Encontro, son xa cinco as Festas Sostibles certificadas

O IV Encontro de Viños da Raia tivo lugar en Tui.
D.P.
O Mercado de San Antonio de Tui acolleu o IV Encontro de Viños da Raia, un evento que volveu converter o viño nun punto de encontro entre Galicia e o Norte de Portugal. Enmarcado nas Festas de San Telmo, o encontro reuniu a 12 adegas do Miño e do Minho, apostando por unha programación de calidade e un modelo de celebración sostible, coherente cos principios que promove Galicia Suroeste.
A pesar do cambio de localización debido á choiva, o evento desenvolveuse con éxito no Mercado de San Antonio, e a aposta foi moi ben acollida polas persoas asistentes. Foi unha aposta gañadora ao contar con todos os servizos e espazos gastronómicos que acompañaron a degustación dos viños raianos. Participaron adegas de Tui, O Rosal, Arbo, Salvaterra de Miño, Valença de Minho e Melgaço.
A programación, totalmente gratuíta e con prazas limitadas mediante inscrición previa, incluíu catas comentadas, showcookings e espazos divulgativos arredor da cultura vitivinícola da raia. O sábado celebrouse o II Concurso de Cata Amateur guiado polo sumiller Sebaristas, mentres que o domingo tivo lugar un showcooking a cargo do chef Javier Freijeiro e unha cata histórica dirixida polo enólogo tudense Manuel Areal. O peche veu da man da presentación «Vinhos do Atlântico», a cargo da veciña vila de Valença de Minho.
O Encontro de Viños da Raia fixo todo o necesario para ser recoñecido como Festa Sostible. Aplicáronse medidas de redución da xeración de residuos, impulsouse o uso de produto de proximidade e promoveuse a economía circular a través de materiais reutilizables e comunicación responsable. Galicia Suroeste suma xa a súa quinta Festa Sostible con este IV Encontro de Viños da Raia, e a organización deste evento aliñouse cos obxectivos estratéxicos deste GDR.
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»