Medio ambiente

Máis de 400 estudantes pechan «Rodéate de Vida»

Dende o 2022, repartíronse máis de 5.500 plantas autóctonas

Escolares de todo o Concello participaron na campaña.

Escolares de todo o Concello participaron na campaña.

d.p.

[Tomiño]

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Tomiño vén de rematar a súa campaña anual de repoboación con árbores autóctonas «Rodéate de Vida», estendendo a iniciativa a todos os centros educativos do municipio.

Tras finalizar a entrega de árbores entre a veciñanza interesada en repoboar as franxas de seguridade contra incendios das súas casas con planta forestal frondosa e autóctona, o Departamento de Medio Ambiente convidou aos centros educativos da localidade (colexios de Goián, Tebra, Sobrada, e Barrantes) a facer unha plantación cos escolares.

«Tratamos, con esta actividade, de levar tamén á escola a nosa campaña «Rodéate de Vida», polo que se reservaron 100 plantas para cada centro escolar, destinados a ser plantados en parcelas das comunidades de montes de parroquia onde se sitúa o centro», explica a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro. A mesma informa que xa se efectuaron as plantacións en Goián, coa participación de 77 estudantes do CEIP Pintor Antonio Fernández; en Sobrada, con outros 30 alumnos e alumnas, e en Santa María de Tebra con 37 escolares. Proximamente está previsto que se faga a do CEIP de Barrantes, coa participación de 27 escolares máis Ademais, entregáronse 20 castiñeiros ao Ciclo de forestais do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño que, xunto a alumnado de 1º de ESO (18+100 estudantes), empregaron para o seu «Día da árbore», no entorno da Carballa; e 80 plantas das distintas especies ó Consello de infancia e adolescencia «Voces Novas» que realizará a súa plantación no entorno do Centro Vontade A todas estas entregas de planta autóctona frondosa, ái que sumar, por último, a acción organizada polo Colexio Rural Agrupado (CRA), cuxos 119 escolares plantarán outro centenar de árbores, en colaboración coa Comunidade de Montes de Amorín.

Nesta 4ª edición, que a concelleira cualifica como «a máis participativa», entregáronse en total unhas 1300 árbores de especies autóctonas, que se suman ás máis de 4000 entregadas dende o comezo da acción, no ano 2022.

Se ben o reparto comezou en febreiro cos propietarios de parcelas en franxa secundaria que o solicitaron; hai que recordar que durante todo o ano as persoas que posúen parcelas en franxa, poden solicitar plantas, aínda que a entrega levarase a cabo de xaneiro a marzo.

Tracking Pixel Contents