A imaxinación ten voz propia no Rosal
artes
y O talento literario conquista o primeiro Concurso de Relato Curto en Galego con 90 propostas presentadas

O I Concurso de Relato tivo unha alta participación.
d.p.
O concurso de Relato Curto en galego posto en marcha polo Concello pecha a súa primeira edición cun rotundo éxito de participación con 90 propostas presentadas por 83 participantes, demostrando que a creatividade latexa máis forte ca nunca entre a veciñanza rosaleira.
Ao longo desta primeira convocatoria presentáronse a concurso 32 relatos na categoría infantil, 12 na xuvenil e 46 na de persoas adultas. Unhas propostas de alto nivel entre as que o xurado valorou a calidade da redacción, a capacidade de comunicación, a orixinalidade e a complexidade do relato e os recursos literarios para escoller ás tres escritoras e escritores gañadores por categoría.
Na categoría infantil as gañadoras foron «As meigas e a fin da Covid», de Celia María Pérez Vázquez (primeiro premio), «As plumas da morte», de Arwen Fernández García (segundo premio), e «Un pesadelo intenso», de Cloe de Oliveira Real (terceiro premio).
Na categoría xuvenil gañaron «O burato», de Naomi Baz Seidel, «O diario de Samuel», de Sara García Gómez, e «Entrañas», de Fiume Tinelli Bouzas, en primeiro, segundo e terceiro lugar respectivamente. Na categoría adulta os galardóns foron para «A copia», de Felipe Rodríguez Escribano, «A importancia da Herba Luisa», de Sara Vicente Alonso, e «O Pazo», de Domenico Tinelli, en primeiro, segundo e terceiro lugar respectivamente..
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou que «este concurso é unha mostra máis de que a nosa lingua está viva, que é vehículo de emocións, soños e reflexións para todas as idades».
Pola súa parte, o concelleiro de Xuventude, Alejandro González, salientou que «con este concurso queremos crear un espazo onde a lingua sexa protagonista, onde recoñecer a creatividade da veciñanza e no que todas as persoas poidan expresarse sen importar a idade». O edil quixo agradecer tamén a todas as persoas que participaron «por facer desta primeira edición un éxito e demostrar que no Rosal hai un potencial literario impresionante».
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Fer López, camino del Wolves
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»