Festas
A III Furancheira enche San Xurxo de bo viño e moita música
As persoas asistentes destacaron as tapas de xabarín e a calidade do viño

A festa compatibilizouse coas festas na honra de San Xurxo.
d.p.
A parroquia de San Xurxo acolleu a pasada fin de semana a súa III furancheira coincidindo coa celebración da festa de San Xurxo. Catro locais da parroquia habilitáronse como «furanchos» xestionados por diferentes asociacións: comisión de festas, entroido, comunidade de montes e asociación veciñal.
As persoas asistentes destacaron as tapas de xabarín servidas no local do entroido, a calidade do viño dos locais da comisión de festas e o remate de ruta no establecemento conxunto da comunidade de montes e a asociación veciñal no que se servían postres caseiros.
A comisión de festas compatibilizou o evento ademais coa festa na honra do patrón, San Xurxo, o sábado 26, xerando deste xeito un circuíto festivo ao longo de toda a parroquia que atraeu a xente chegada de Salceda e dos concellos veciños, destacando unha importante presenza de persoas chegadas dende Portugal.
Os furanchos estiveron amenizados por diferentes grupos de gaitas que puxeron a nota tradicional na fin de semana. Tamén o sábado a charanga «Os da Nogueira» de Valadares percorreu os diferentes establecementos, completando deste xeito o día de festa.
As furancheiras estanse a repetir nas diferentes parroquias de Salceda e arredores, repetindo o éxito da Furancheira da Picoña, pioneira neste tipo de eventos, que leva xa 15 anos de andadura e que se ten convertido xa nunha das imprescindibles neste tipo de eventos nos que se mestura a gastronomía e o viño coa música tradicional dos grupos participantes.
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Si vives en el rural gallego tienes más riesgo de contraer esta enfermedad de difícil diagnóstico: están aumentando los casos
- La falta de ayudas aboca al cierre a la primera cafetería inclusiva de la ciudad
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»