A Feira do Viño regresa ao Rosal do 18 ao 20 de xullo

enoloxía

y A Praza do Calvario acolle a XXXIII edición desta celebración

A Feira do Viño do Rosal é un dos grandes eventos de verán na raia.

A Feira do Viño do Rosal é un dos grandes eventos de verán na raia.

d.p.

[O Rosal]

Este verán O Rosal volverá cheirar a tradición, a viño e a festa compartida. A XXXIII Feira do Viño do Rosal celebrarase do 18 ao 20 de xullo na Praza do Calvario, epicentro dunha cita organizada polo Concello e a Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal que cada ano reúne a viticultura, a gastronomía e a identidade da comarca do Baixo Miño.

Nesta edición, ademais, o Concello do Rosal e a Cámara Municipal de Caminha chegaron a un acordo de colaboración que permitirá evitar que a Feira do Viño coincida co Artbeerfest luso, dando así resposta a unha demanda recorrente entre a veciñanza transfronteiriza.

«Este ano ninguén terá que escoller entre unha festa ou outra. Traballamos para facilitar que a nosa xente poida gozar de ambas celebracións e, ademais, reforzamos os lazos entre dous concellos irmáns unidos polo río», como sinalou a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández Callís.

A rexedora destacou que este acordo é un paso máis nun camiño conxunto que busca «sumar, colaborar e construír un futuro mellor para a veciñanza miñota. Queremos un territorio vivo, dinámico e coidado, e iso pasa tamén por entender que xuntos chegamos máis lonxe», engadiu.

A Feira do Viño do Rosal converterase un ano máis nun escaparate privilexiado dos mellores caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas, nunha contorna pensada para o desfrute da veciñanza e das persoas visitantes. A música, a cultura, os produtos locais e a tradición vitivinícola daranse a man durante tres días que prometen deixar pegada.

Tracking Pixel Contents