Rural

Ducias de tortillas para a festa de Ribadetea

A Asociación de Veciños foi a responsable de organizar o evento, xa tradicional

Momento da entrega de premios.

Momento da entrega de premios.

D.P.

[Ponteareas]

A parroquia pontareá de Ribadetea viviu o pasado domingo a XIX edición da Festa da Tortilla, unha festa gastronómica onde a gran protagonista foi a tortilla de patacas.

A festa deu comezo ás 10:30h, coa recollida das tortillas que participaron no concurso ata ás 13:00h. Nese mesmo momento, comezou a entrega de premios e de seguido a degustación animada polo grupo de gaitas Naiama. A tarde estivo amenizada polo grupo PesnaRua Folk.

Os premios foron de 200 euros para a tortilla gañadora, 100 euros para a segunda e 50 euros para a terceira clasificada. Tamén houbo premio para a «máis desconsolada».

A festa está organizada pola Asociación Veciñal de Ribadetea en colaboración coa Comunidade de Montes de Ribadetea, Concello de Ponteareas e Deputación de Pontevedra.

Tracking Pixel Contents