Sociedade
Covelo retoma as Feiras de Artesanía
O mercado celébrase hoxe e contará con música, obradoiros e comida

Feira de Artesanía e Segunda Man en Covelo.
d.p.
O Concello de Covelo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, organiza unha nova edición da Feira de Artesanía e Segunda Man, que ten lugar hoxe na Praza Mestre Cerviño, converténdose nun espazo de encontro entre creadoras e creadores locais, público de todas as idades e amantes da cultura artesanal e do comercio sostible.
A feira arrancará ás 10:00 h e contará con numerosos postos de venda nos que o público poderá atopar unha ampla variedade de produtos: artigos de madeira, xoiería artesanal, produtos da horta, cosmética natural, panadaría, xoguetes feitos a man, obxectos decorativos, produtos téxtiles,plantas, cestaría tradicional, cerámica, e moito máis. Un espazo ideal para apoiar o talento local e a economía circular.
Entre as actividades destacadas, ás 11:30 h terá lugar un obradoiro infantil de circo a cargo de Atipicocirco, unha proposta lúdica e educativa para que a cativada poida gozar dunha mañá chea de creatividade.
A partir das 12:30 h, a música tomará o protagonismo cunha sesión vermú a cargo de Toti Voz, que ofrecerá un amplo repertorio de cancións populares en español e inglés, mesturando xéneros como o rock, o pop, a rumba ou a música clásica. Un momento perfecto para gozar da feira nun ambiente distendido e festivo.
Ademais, durante toda a mañá, as persoas asistentes poderán degustar produtos típicos grazas á presenza dun pulpeiro e postos de produtos frescos e locais.
A feira pechará ás 14:00 h, tras unha intensa mañá de actividades pensadas para dinamizar o municipio, apoiar ás persoas artesás e promover un consumo responsable e de proximidade.
O Alcalde do Concello de Covelo Juan Pablo Castillo Amigo anima á veciñanza e visitantes a participar nesta cita xa consolidada no calendario local, e recorda que se retoma unha axenda para este 2025 na que no primeiro sábado de mes nos meses de maio, xuño, xullo, agosto, setembro e a especial de Nadal en decembro e indica tamén que «poñemos en valor a artesanía e o comercio de segunda man a partir de xuño e incluiremos obradoiros de cociña con degustación moi orixinales e creativos e serán obradoiros participativos onde cociñamos entre todos e todas».
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- Hallan en el pantano de Portodemouros el cadáver del vecino de Arnego desaparecido el sábado
- Una viguesa, «asombrada», tras descubrir que un bar de Pizarro no admite mascotas en su terraza: ¿es legal?
- Soy guía turístico en Galicia desde hace 10 años y estos son los lugares más bonitos que he visitado: «Poca gente los conoce»
- Vigo prende San Juan: todas las hogueras, fiestas y sardinadas de 2025
- William Arias, médico, advierte: esto que tomas a diario en España dispara el riesgo de hígado graso
- El Celta ficha a Jutglá por algo más de 5 millones