Cultura
Comeza un novo Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera
Na 17 edición haberá oito concertos ata o 13 de setembro, para os que será preciso reserva

Vox Stellae inaugurou o ciclo o pasado mes.
d.p.
A organización do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera presentou a súa décimo séptima edición acompañada do alcalde de Covelo, Pablo Castillo; do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Ao acto, que tivo lugar no Hotel Balneario de Mondariz, tamén asistíu o alcalde de Mondariz Balneario e os voceiros dos distintos grupos da Corporación, entre outras persoas que quixeron arroupar coa súa presenza esta cita anual coa música culta.
Durante a presentación a organización tivo palabras de agradecemento para as administracións que fan posible este Ciclo, especialmente para a Xunta de Galicia que respalda cada edición. «Quero destacar a importancia desta iniciativa na que se realiza unha mestura perfecta de patrimonio e música, achegando a cultura aos entornos rurais» director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.
Oito concertos que farán viaxar ao público asistente a través dos séculos, dende o XV ao XVI e XVII, pasando polo século XX e chegando aos nosos días. Neste percorrido pola música doutros tempos «ofreceremos un marco temporal amplo e como en cada edición, incorporamos novidades. O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera medra e cada ano que pasa recibimos máis propostas de grupos e músicos interesados en actuar», explica o sacerdote Rafael Antela que xunto a Nieves García-Soto fixo posible esta iniciativa.
«Sentimos un profundo agradecemento porque esta cita musical foi capaz de posicionar o nome do noso Concello e ás comarcas do Condado e Paradanta no panorama da música de calidade e na axenda dos mellores músicos do mundo», salientou Pablo Castillo.
Un ano máis o Ciclo innovadará e ofrecerá sorpresas ás persoas asistentes. Vox Stellae foi o encargado de inaugurar o Ciclo e fíxoo interpretando obras De Palestrina. O 10 de maio será o Dúo Allentamento que interpretará obras de Corelli, Valentini, Terasini e Batista. José Manuel Montero actuará o 14 de xuño interpretando obras de Falla e Schumann, e o 28 do mesmo mes será Tan Sabia como Valerosa con obras dos «Siglos de Oro». Mario e Orestes Gás interpretarán obras de Bertol Brecht o 26 de xullo e en agosto novamente dous concertos, o dia 15 será o Dúo de Clave Violin con obras de Castelo, Pandolfi e Schmezer, e o dia 30 estará Guillermo Pastrana con obras de Bach, Gabrielli e Dall Abaco. Pecharase esta XVII edición o dia 13 de setembro co concerto de clausura a cargo do Trio de Cordas Sociedad Musical Gramatges con obras de Mozart, Schbert, Falla, Lecuona e Beethoven.
A organización recomenda reservar entrada ao dispor de aforo limitado.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- Alumnos sin disciplina que no se esfuerzan ni respetan al docente tensionan las aulas
- El truco de limón para dormir bien: así es como esta fruta te ayudará a luchar contra el insomnio
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- Dimite en bloque la ejecutiva del PSOE de Salceda y sus dos concejales por desavenencias con la agrupación provincial
- ¿Qué son las cataratas, como se detectan, qué molestias producen y cómo se tratan?