GASTRONOMÍA
O requeixo e o mel, protagonistas este venres e sábado en As Neves
Servirase ou venderase máis de unha tonelada do típico derivado lácteo nevense

Requeixo de As Neves para a degustación, nunha edición anterior da feira. | // D.P.
D.P.
O Requeixo feito nas Neves e o mel galego, principalmente da comarca do Condado-Paradanta, son os productos estrela da XXXII Feira do Requeixo e Mel das Neves, na que haberá tamén otros productos da terra, como polbo a feira ou carne ao caldeiro.

Requeixo . | // D.P.
A feira celebrase este venres Santo e continúa o sábado na praza central da localidade, onde xa está instalada desde o martes unha gran carpa para dar cobixo aos centos de asistentes diante de inclimencias metereolóxicas.
Con referencia ao requeixo, máis dunha tonelada será servido ou despachado para a venda os dous días da feira. O produto é elaborado pola Cooperativa do Requeixo e Mel das Neves, que reforzou ao seu persoal para poder presentar o produto artesanal tanto para a venda como para a degustación na feira.
O evento ábrese ás 11.00 horas e posteriormente terá lugar a lectura do pregón a cargo do actor e humorista, Carlos Blanco, que sempre fai pregóns que a ninguén deixan indiferente.
O requeixo das Neves é un derivado lácteo que se elabora partindo de leite cru que se pasteuriza e despois arrefríase ata os 28ºC. Engádeselle o callo e os fermentos lácticos e remóvese a man mentres vai collendo consistencia. Despois pásase a uns sacos de fío de algodón moi tupido para que o escorrido do soro sexa lento. Tras un período de escorrido e repouso de aproximadamente 24 horas, xa está listo.
Todo o proceso de envasado realízase de forma manual e a elaboración tradicional dun quilo de requeixo necesita de 5,5 litros de leite cru de vaca.
Aínda que a venda na feira de hoxe e mañá é unha gran lombeirada ao produto, o requeixo pode adquirirse na súa tenda en liña, que facilita e simplifica a compra e a tan só un clic o produto chega a casa coa máxima calidade. A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, concedeu hai un ano á Cooperativa Condado Paradanta o selo de Artesanía Alimentaria, un recoñecemento que acredita que é unha produción artesá das mans do produtor directo ao consumidor. A este selo súmase a certificación Sicted.
Con motivo da feira, en días pasados houbo xornadas de especialización e coñecemento, nas que se abordou a problemática da vespa velutina para os e as apicultores ou as características do requeixo nunha mesa redonda: «Requeixo de As Neves, producto certificado».
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses