ARTISTEA EMERXE
O arte sae á superficie en Ponteareas

Miguel Anxo Prado na MasterClass de «Artistea Emerxe».
D.P.
A segunda das residencias Artistea celébrase esta semana con sete participantes. Deu comenzo cun profesor de excepción, Miguel Anxo Prado ofreceu o luns ás 11:30 horas a clase maxistral de debuxo que contou con dúas partes, a primeira ás 11:30 horas aberta á cidadanía previa inscrición e con gran éxito de público, e a segunda só para as e os residentes.

Nava Castro e Silvia F. Táboas pousan con Prado xunto a Laura Porto e Alba Piñeiro / D.P.
A «II Edición Emerxe Artistea» abriu as súas portas con enerxía e a pleno rendemento cun programa que leva os e as participantes a coñecer parte do patrimonio histórico e medioambiental de Ponteareas, a recibir formación da man de profesionais recoñecidos e de longa traxectoria como o gran expoñente de banda deseñada Miguel Anxo Prado e a traballar en equipo e tamén de xeito individual.
Esta segunda residencia, dirixida por Laura Porto e con Alba Piñeiro na coordinación técnica, desenvolve proxectos de banda deseñada e documental cos creadores e creadoras Agustín González, Daniel Martínez, Eva Agra (Komorevi), Eva Antelo, Iago Pousa, Iria Fernández e Raquel Díaz.
Visitas guiadas ao museo de Ponteareas, ao Castro de Troña, ao Castelo de Vilasobroso e clase no Centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Coworking de Ponteareas (CEDEP), entre outros lugares; mesas redondas e encontros nutrirán a axenda destes sete días de investigación e produción. O broche final terá lugar o sábado día 19 ás 19:00 horas en Artistea, momento no que as e os residentes presentarán ao público o resultado da súa intensa residencia. Pero antes, ese mesmo día de 10:00 horas a 14:00 horas haberá unha xornada de portas abertas na que a cidadanía poderá visitar Artistea e ver en directo o traballo dos e das residentes.
A alcaldesa, Nava Castro, e a concelleira de Emprendemento, Silvia Fdez Táboas, desexaron a todos os participantes que teñan unha boa estancia, que atopen recursos interesantes en Ponteareas e convídanos a trasladar as súas propostas. Alcaldesa e edil de Emprendemento salientan a riqueza que supón recibir novas olladas e percepcións que ademáis de crear tamén coñecerán o concello e serán axentes de difusión da actividade e patrimonio de Ponteareas.
Os proxectos
- Agustín González Alonso e Daniel Martínez Cáceres, realizan o proxecto documental «Ponteareas: Historia e tradición». É un falso documental sobre a cultura e os habitantes de Ponteareas. Seguir os códigos estéticos e narrativos do documental mesturándoo coa comedia e a ficción. Contarán como actores do documental con grupos de teatro aficionado da zona.
- Eva Antelo Mata realiza o proxecto «Gastarbeiter» na categoría de documental gráfico. A través de documentos familiares (fotos, cartas, documentos, etc) e documentos sociales e oficias (prensa, libros de historia, etc.) busca elaborar un relato gráfico da emigración galega a Suiza que vai do micro a o macro.
- Eva María Agra García (Komorevi) realiza o proxecto «A miña amiga Nantia» na categoría de cómic. É un Cómic-Fanzine para o público infantil e familiar onde a trama argumental centrará o seu epicentro nas inmediacións do Castro de Troña, no cumio do Monte Doce Nome de Xesús na parroquia de Santa Mariña de Pías (Ponteareas). A historia desenvolverase entre a actualidade e a Idade de Bronce, época na que floreceu a cultura castrexa. Cunha compoñente fantástica como fío condutor que conecta a realidade dunha nena contemporánea, Catuxa, coa dunha rapaza castrexa, Nantia, que nos acompañará para descubrir obxectos, ritos, e costumes das xentes que poboaron Galicia durante aqueles lonxanos tempos.
- Iago Xosé Pousa Ben realiza o proxecto «A fonte da memoria» na categoría Documental. Busca investigar e recopilar as lendas da parroquia de Cristiñade e revalorizar o seu valor cultural, resaltando o patrimonio inmaterial a través da linguaxe do formato audiovisual do documental. Através de rexistros das localizacións de máis interese, testemuñas e espazos sonoros, a proposta centrarase na creación dun guión que misture a coherencia e rigor xunto coa expresión artística, ofrecendo desta maneira unha visión renovada das historias populares que reflictan a identidade e memoria colectiva desta comunidade. O documental centrarase nas lendas como a do Penedo da Sartén, así como en relatos orais, previamente recollidos dos veciños. Por ende, a conxugación entre a palabra e os sons da vila, construirase un relato poético que conecte o pasado co presente, pretendendo preservar estas historias.
- Iria Fernández Groba traballa no proxecto de cómic «O rito dos namorados» que busca a creación dun cómic de entre 7 e 10 páxinas feito enteiramente con técnicas dixitais unindo tradición e modernidade, dando luz así a un pequeno relato da vida cotiá.
Toma como punto de partida a lenda da Pena dos Namorados para contar a historia dunha rapaza que quere pedir matrimonio á súa parella e decide facer o ritual da Pena para ver comprobar o futuro da súa relación.
- Raquel Díaz Jiménez traballa no «xestos invisibles» proxecto na categoría de cómic. É un proxecto gráfico centrado no folclore da comarca. Estudar a identidade visual do territorio, é dicir: os patróns tradicionais de deseño baseados no téxtil, en pezas florais (como as alfombras feitas para o Corpus Christi) e outro tipo de artesanía local. O seu propósito é facer un arquivo gráfico destes pequenos xestos contidos no marco cultural específico da comarca do Condado.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- El legado de una casa de Vigo okupada tres años: «No dejaron ni los recuerdos»
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Fiesta en la Carnicería de José.
- Este es el «paraíso azul de Galicia», el municipio con más playas con bandera azul de toda España
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia