CULTURA
Tui inclúe no Día de Rosalía degustación do «caldo de Gloria»
Organízanse actividades infantís e lectura de poemas y Ás actividades comenzan o luns para o alumndo
D.P.
Este próximo domingo, 23 de febreiro, é o Día de Rosalía. Por este motivo o Concello de Tui elaborou un programa de actividades con propostas infantís, poemas na rúa e degustación do «caldo de Gloria».
Así o próximo luns, 24 de febreiro, ás 12 horas, o novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá unha actividade para o alumnado dos primeiros cursos de Educación Primaria a cargo de «Trémola Teatro». A actriz Paula Regueiro traerá o contacontos «Historias soñadas»; un espectáculo creado a partir de textos e da vida de Rosalía de Castro que mestura poesía, cancións e música para achegar ás crianzas a unha das figuras máis importantes da nosa cultura.
Tamén o luns, ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal, haberá un obradoiro titulado «Facer chapas con Rosalía» no que as nenas e nenos realizarán diferentes chapas da autora, xogando con diferentes versos e imaxes, despois de coñecer algúns dos aspectos máis relevantes da súa vida e obra. É unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos de idade. Poden participar os nenos e nenas que sexan socios da Biblioteca Municipal de Tui. Cómpre inscrición previa a través do correo electrónico biblioteca@tui.gal.
Ao longo da xornada do luns na Biblioteca Municipal estará «A figueira de Rosalía» na que as persoas usuarias están convidadas a engadir un poema seu ou de Rosalía como unha nova folla desta árbore que irá medrando ao longo deste día.
Tamén dende a Concellería de Cultura, que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla, se convida á degustación do «Caldo de Gloria» na casa ou nos restaurantes colaboradores, que nesta edición son: Emma Tapas&Bruch, Empanadaría Aloia, Restaurante El Molino, Restaurante O novo Cabalo Furado e Restaurante O Cruceiro do Monte. Esta é unha iniciativa promovida dende a Fundación Rosalía de Castro a partir do poema «Miña casiña, meu lar» (Follas novas, 1880), no que unha muller pobre que chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote, quentarse ó pé do lume e ser feliz. Sinalan dende a Fundación Rosalía de Castro que «queremos que Galicia lembre a Rosalía no seu día compartindo en lugares públicos ou no ambiente familiar este ‘caldo de Gloria’ dos humildes, un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular».
Finalmente en diversos lugares do centro de Tui estarán colocadas lonas con poemas de Rosalía de Castro para lembrar esta data e divulgar a súa obra poética entre a veciñanza.
A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración arredor do 23 de febreiro do «Día de Rosalía» cando se conmemora o 188 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro «Cantares Gallegos» sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano