Escolas deportivas
Tomiño aprende de patinaxe
As 153 plazas dispoñibles para as escolas deportivas de patinaxe esgotaronse o día en que abriu a inscrición

Unha das actividades da escola de patinaxe, en Tebra. | // D.P.
d.p.
A actividade das Escolas Deportivas de Patinaxe de Tomiño comezaron estes días a súas clases para a tempada 2025, que volven a desenvolverse en diferentes puntos do municipio, entre os meses de febreiro e xuño.
Como sucedera xa en anos anteriores, as prazas dispoñibles (153) esgotáronse o mesmo día que abriu a inscrición na páxina web do Concello, o que dá unha idea da grande aceptación desta actividade no concello.
Como pasara na tempada anterior, na que se inscribiron máis de 140 participantes, en 2025 haberá diferentes grupos nas parroquias de Goián (3), Barrantes (2), Sobrada (2), Tomiño (3) e Tebra (2), de 15 persoas cada un.
Organizada polo Concello de Tomiño e subvencionada pola Deputación de Pontevedra, a actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, coas que se formaron varios grupos. Partirase do nivel de iniciación para que, a través dos diferentes adestramentos que se realizarán nos vindeiros meses, todas e todos os participantes vaian mellorando e perfeccionando a súa técnica na patinaxe artística.
«Con esta actividade, Tomiño dá continuidade ao programa deportivo municipal ofertando de novo a modalidade de patinaxe nas súas Escolas Deportivas; unha actividade que conta cunha gran demanda por parte das e dos escolares tomiñeses e da que poderán seguir desfrutando de forma gratuíta grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra», explica Cristina Martínez, concelleira de Parroquias e Educación.
Os beneficios da patinaxe son múltiples, tanto físicos (mellora a resistencia, a coordinación e o equilibrio, e fortalece o sistema cardiovascular), como psicolóxicos (reduce o estrés, mellora o estado de ánimo e fomenta a autoestima) e sociais (crea un espazo de integración comunitaria, ideal para eventos e actividades grupais).
A idade máis convínte para iniciarse nesta disciplina, a medio camiño entre o deporte e a arte, son os 4 ou 5 anos, segundos os expertos. Vanessa Domínguez ten ao seu cargo todos os grupos. Educadora infantil e dedicada ao ensino da patinaxe dende hai 20 anos, recoñece que está encantada co seu traballo.
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- ¿Qué es el neumotórax bilateral, la lesión pulmonar que le causó un fisioterapeuta a una joven de Ourense?
- Dos empleados llenaban de gasolina el depósito de sus coches con la tarjeta de la empresa
- Pesquerías Nores emitió despachos falsos al menos durante ocho mareas
- Melody, a lo bonzo: Austria gana Eurovisión frente a una España que se autoinmola por enésima vez
- El pediatra Carlos González, sobre cómo conseguir que los hijos estudien: «Matamos su deseo de estudiar»
- Vigo logra un inesperado apoyo para ser sede del Mundial 2030 desde el otro lado del Atlántico