“Creo que nin o tempo nin o Entroido van sacar público a nosa festa”

Este ano temos moitas novidades, entre elas 1.500 metros cadrados de xogos para os cativos y Imos ter un «vídeomapping» diario na igrexa

Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona.   | // RICARDO GROBAS

Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona. | // RICARDO GROBAS

D.P.

[Baiona]

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, está, un ano máis, atento a organización da Festa da Arribada, co seu equipo, para non deixar nada á improvisación.

- Fálenos das novidades deste ano na Festa da Arribada.

Dentro dos actos protocolarios e do 50 aniversario do Irmanamento coa vila de Palos de la Frontera (Huelva), o pleno da corporación municipal aprobou o pasado 5 de febreiro a concesión de Fillo adoptivo de Baiona ao excalde de Palos de la Frontera, Don Carmelo Romero Hernández, que será entregado o día 28 de febreiro, Día de Andalucía, no consistorio baionés.

Como importante novedade, este ano amplíase o conxunto de atraccións de aventura medieval que están situadas no Parque da Palma. Cubriranse máis de 1.500 metros cadrados con xogos para os máis cativos. A diversión está máis que asegurada! Para facer un repaso teremos un castelo de madeira e barco pirata: parque de xogos con escalada, piscina de bolas, caza do tesouro, xogos tradicionais e photocall medieval. Haberá un mega axedrez xigante con pezas de máis de 1,80 metros cun taboleiro xigante que estará asentado no parque da Palma e que será dinamizado polo club xadrez Xa Bai de Baiona que ensinarán as estratexias do xogo a quen queira aprender. Outra das novidades é a proxección dun videomapping co título «Baiona no Tempo» sobre a fachada da Igrexa Santa María de Baiona, que vai ser proxectado durante os tres días da festa. Tamén podo falar das exposicións temáticas como «O Carro galego e a súa feitura», «50 anos de irmanamento Palos de la Frontera e Baiona a Real», a cargo do Cronista Oficial da Vila Anxo Rodríguez Lemos...

- A verdade moitas cousas novas...

Claro que sí. Tamén temos un ciclo de conferencias, coas conferencias de Jesús Varela Marcos sobre Colón e Pinzón de Juan José Rodríguez Terrón sobre a súa experiencia na recreación do viaxe do Descubrimento. E dentro da animación de rúa, contaremos, por primeira vez, co pasarúas «lenda a peregrinación» con criaturas da mitoloxía Celta como o chivo dos montes, a fada, o demo alado, o bobo trasno, o zancudo maciñeiro e o nubeiro, que animarán as rúas e prazas do mercado, así como moitísimas animacións máis. Tamén o espectáculo máxico de lume «Circo de fogo» de Asacocirco, con malabarismos, danzas e acrobacias previsto para o venres 28 na Praia de Ribeira, ás 21:00 horas. Así mesmo teremos O carrito de Teatro de Juan Juste, acompañdo da zanfona, flauta e pandeiro de Javier Villalustre. E non quero esquecerme do concerto de música antiga a cargo do cuarteto «Pres de Cambrai» con instrumentos representados no Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. Será no Convento das Nais Dominicas, o domingo 2 de marzo as 13:10 horas. En definitiva, moitas cousas de actuacións medievais que poderemos gozar os tres días de festa. Antes de que me esqueza, quero ademáis decir que será unha Arribada máis accesible, cunha zona na entrada do Parador de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

- O ano pasado voltou a cetrería. Cal foi o resultado? Este ano contan con ela de novo?

O ano pasado recuperamos a arte milenaria da cetrería xa que consideramos que é unha actividade ancestral que hai que pola en valor na nosa festa medieval. Este ano poderemos contemplar o espectacular voo de aves rapaces e a destreza dos cetreiros sobre os areais da praia de Ribeira. Noutros tempos, esta práctica foi crucial como elemento estratéxico nas comunicacións bélicas con entrega de mensaxes entre a nobreza e a fidalguia nas batallas que se libraban. Tamén foron usadas para a caza e como control de aves dañinas. En definitiva, a cetrería fomenta a conservación das aves rapaces e a educación sobre a súa importancia ecolóxica no medio ambiente. A nosa intención e que volten a estar presentes, sempre e cando teñamos a autorización do Servizo de Conservación da Natureza da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

- Cantas personas esperan vostedes na festa?

A nosa festa é unha recreación histórica marcada nunha data moi concreta no tempo que é o primeiro fin de semana de marzo e é precisamente o rigor histórico e o compromiso do pobo o que caracteriza a Festa da Arribada. A previsión de afluencia de público é algo que depende de moitas variables, pero a nós únicamente nospreocupa unha, «o tempo» e este ano a coincidencia cos entroidos en Galicia. Pese a todo os amantes da Arribada, que son moitos, poñen por enriba de todo a visita a nosa vila e o venres 28 de febreiro, sábado 1 e domingo 2 de marzo, serán benvidos e atoparán moitasnovidades e diversión, así, creo nin o tempo nin o Entroido van sacar público a nosa festa.

(Pasa a páxina seguinte)

Tracking Pixel Contents