Defensa
As mulleres de Nigrán participan nun curso para aprender a defenderse
O Concello ofrece esta iniciativa gratuita para aprender técnicas de defensa persoal
d.p.
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de defensa persoal feminina gratuíto no marco da programación prevista para a conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O curso terá unha duración de 8 horas e desenvolverase o sábado 1 de marzo en horario de mañá e tarde no Pavillón Deportivo Municipal. O prazo de inscrición será do 17 ata o 26 de febreiro. As mulleres interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo cim@nigran.org facendo constar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto ou ben chamando ao teléfono 986 383081.
A actividade foi solicitada polo Concello de Nigrán á Cosellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero no marco do acordo de colaboración asinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero no que se integra o Concellode Nigrán.
Para mais información poden contactar no teléfono 986 383081.
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses