Turismo

A Vía Mariana desvíase ata a capital de España

Representantes municipais e provinciais presentaron esta vía de peregrinación en FITUR

Presentación da Vía Mariana en FITUR .   | // D.P.

Presentación da Vía Mariana en FITUR . | // D.P.

d.p.

[Madrid]

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, participou na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid e onde da man da Deputación de Pontevedra se presentou a Vía Mariana. Xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro; e o responsable de Cultura, Jorge Cubela; o presidente da Deputación, Luis López presentou un dos grandes atractivos turísticos do interior da provincia: a Vía Mariana. Unha vía de peregrinación que atravesa trece concellos da provincia nun itinerario de máis de 400 quilómetros que une santuarios marianos e comeza en Braga, en Portugal; para rematar en Muxía, na provincia da Coruña. «É un dos máis grandes atractivos turísticos que ofrece a provincia de Pontevedra. Un itinerario que consolida un modelo de turismo ligado á natureza, respectuoso co medio ambiente, afastado de masificacións e para completar en calquera época do ano. A Vía Mariana é a ferramenta perfecta para entender as Rías Baixas, para mergullarse na súa tradición, descubrir tesouros naturais e namorarse do seu carácter hospitalario», definiu Luis López unha proposta que cada ano gaña novos adeptos.

No mesmo sentido pronunciouse a responsable de Turismo, Nava Castro, ao sinalar que «con alternativas tan atractivas como a Vía Mariana, seguimos dando pasos adiante para posicionarnos como un destino de referencia entre os amantes dun turismo verde, familiar, seguro e sustentable. Falamos dunha oportunidade única para potenciar o cariz histórico, natural e patrimonial das diferentes zonas rurais polas que transcorre o itinerario».

Pola súa banda, o deputado Jorge Cubela, titular da área de Cultura, referiuse á Vía Mariana como un «proxecto turístico, pero tamén cultural, relixioso, económico e social para impulsar o noso territorio, para compartir con todo o mundo a súa beleza natural e cultural, para dinamizar a nosa economía e, con iso, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas».

Tracking Pixel Contents