Comezo exitoso no ciclo de Cine de Inverno de Salvaterra de Miño

«O Corno» proxectarase o 15 de febreiro. | // FDV
d.p.
A pasada fin de semana deu comezo a quinta edición do Ciclo Cine de Inverno que organiza o Concello de Salvaterra de Miño.
Como en anteriores edicións o ciclo é totalmente de balde e inclúe a proxección de películas de estrea na Casa da Cultura de Salvaterra.
Os sábados ás 22:00 horas proxectaranse películas para o público adulto mentres que os domingos ás 17:30 horas, as dirixidas ao público infantil. Deste xeito achégase durante este mes unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo. O Ciclo Cine de Inverno remata o vindeiro 2 de marzo. Os próximos filmes serán «Los tres mosqueteros: Milady», que se proxectará esta noite, e «Wish: el poder de los desos», que será a opción infantil para mañá. O 15 de febreiro proxectarase «O Corno», e o 16 «Trolls 3: Todos juntos» na sesión infantil. O 22 e 23 de febreiro será a quenda de «Me he hecho viral» e «Wonka».
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Vigo tendrá la última salida en AVE de Madrid más temprana del país
- Dos empleados llenaban de gasolina el depósito de sus coches con la tarjeta de la empresa
- El pediatra Carlos González, sobre cómo conseguir que los hijos estudien: «Matamos su deseo de estudiar»
- Vigo capta un vuelo a Marruecos
- Una explotación de Rodeiro pierde 22 vacas fulminadas por un rayo
- Una vecina de Aldán, mordida por una serpiente en la mejilla
- Movilizado un operativo de búsqueda en la ría de Vigo por una falsa alarma