Deseño
Uxía Loureiro expón «Corpus Christi» en Artistea

Uxía Loureiro expón «Corpus Christi» en Artistea
A deseñadora ponteareá, Uxía Loureiro Caamaño, expón a súa colección «Corpus Christi» na residencia Artistea. Uxía Loureiro é a gañadora da primeira edición do concurso Talento Xove na categoría moda e primeiro premio do concurso Xuventude Crea da Xunta de Galicia con esta colección que agora se pode visitar en horario de mañá 10:00 a 13:00 horas e tarde de 17:00 a 21:00 horas de luns a vernes na residencia de artistas da praza Maior. «Corpus Christi» homenaxea á Festa recoñecida como Ben de Interese Cultural, categoría inmaterial, con deseños baseados na arte floral, con cores vivas e chamativos estampados e diversos tecidos que queren recordar ás mulleres alfombristas, ás súas avoas e a todo o traballo realizados por todas elas tanto nos portais como nas rúas na noite de Corpus.
A talentosa Uxía Loureiro é unha creadora galega que destaca no ámbito artístico, particularmente no mundo da moda e actualmente traballa en Barcelona nunha importante firma téxtil como deseñadora e patronista.
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»
- Dueños exigen a inquilinos el abono del seguro de impago de alquiler en Vigo: «Es un abuso»