Turismo
Ponteareas presenta en FITUR o cartel do Corpus Christi deste ano
No stand da Xunta estarán presentes tamén, ademais do Corpus, o Festival Groba e a feira tradicional dos Remedios

Presentación do cartel de Corpus en FITUR. | // D.P
D.P.
«A festa do Corpus Christi de Ponteareas por fin está no lugar que lle pertence e vimos de presentar o cartel da edición deste ano na Feira Internacional de Turismo, FITUR» adianta a alcaldesa Nava Castro que xunto ao tenente de alcalde, Juan Carlos González, e ao concelleiro de Turismo, Nicolás Rodríguez, e acompañados do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presentaron no stand de Galicia o cartel do Corpus Christi 2025.
Durante a Feira, a alcaldesa convidou ao alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, á participar nas celebracións do Corpus Christi.
O Concello de Ponteareas posiciona así a festa do Corpus Christi na cita máis importante do sector Turismo e resolve unha demanda histórica das e dos alfombristas, facendo que se recoñeza a súa singularidade e a súa importancia para a vila e a comarca. «Pola súa importancia e polo seu alcance, este ano e por vez primeira o cartel do Corpus Christi de Ponteareas foi presentado en FITUR. Era unha conta pendente, recoñecer a nosa festa máis importante, un dos nosos sinais de identidade que leva o nome de Ponteareas polo mundo adiante e ademais é un recoñecemento ao esforzo das e dos nosos alfombristas», sinala o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura.
Corpus Christi
Corpus Christi, festa declarada Ben de Interese Cultural na categoría inmaterial, é unha festa de Interese Turístico Internacional dende o ano 2009, que visibiliza o sentir dun pobo, a tradición dunha vila e a sabedoría popular transmitida ano tras ano, veciño a veciña e xeración tras xeración.
Máis de 170 anos recollidos en documentos históricos respaldan o querer das alfombras de Corpus Christi de Ponteareas. O traballo nos portais, as tarefas de conservación da materia, os obradoiros nas escolas, as visitas das delegacións estranxeiras de alfombristas ou o irmandamento coa vila da Orotava son algúns dos ingredientes dunha festividade que volve florecer e procura o recoñecemento da UNESCO.
Festival Groba
En FITUR tamén se presentará a edición deste ano do Festival Groba, unha semana na que difundir a música de cámara nos seus diversos formatos, pór en valor a creación compositiva do Mestre Groba e achegar a música ao maior número de público.
Músicos da escena nacional e internacional actuarán en Ponteareas e interactuarán coa cidadanía e cos músicos locais durante toda a semana.
A alcaldesa, Nava Castro, convida a vivir a arte de Ponteareas en FITUR e no stand da Xunta de Galicia difundirá o nome da vila a través da música, a través da arte efémera das alfombras e a través das exposicións que acolle a recentemente inaugurada residencia de artistas Artistea.
Neste espazo o goberno local difundirá a riqueza medioambiental e o patrimonio histórico así como as súas principais citas festivas como a Feira Tradicional dos Remedios, que continúa a atraer visitantes e a consolidar Ponteareas como un destino único e imprescindible no suroeste de Galicia.
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Dieta cetogénica y cáncer: ¿qué dice la ciencia?
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Stellantis cierra la planta de Luton y hará crecer a la «hermana» británica de Balaídos
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Detenido el concejal del PSOE de Cangas, Eugenio González, por supuesta usurpación de estado civil en una solicitud de baja de un vado