Igualdade

A Cañiza loce a súa igualdade

O alcalde e as concelleiras de goberno presentaron o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes

Presentación do III Plan de Igualdade da Cañiza.   | // D.P.

Presentación do III Plan de Igualdade da Cañiza. | // D.P.

d.p.

O goberno da Cañiza presentou o seu terceiro plan de igualdade. Durante o acto, Luis Piña, alcalde do municipio, declarou que o ano 2024 pechouse coa celebración dun Pleno Extraordinario, no que se aprobou por maioría do Grupo de Goberno, o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para os anos 2025-2029. Nesta mesma sesión do 20 de decembro aprobouse o informe de avaliación do II Plan que estivo activo nestes últimos cinco anos.

Un plan que en palabras do Alcalde Luis Piña «nace froito da implicación que o noso Concello ten coa igualdade e que pretende ser un documento marco de referencia para a entidade local en materia de políticas de igualdade e una ferramenta para identificar, paliar e corrixir situacións de desigualdade, dentro das competencias municipais. A aprobación deste III Plan dalle continuidade a estas accións».

O novo plan busca integrar a perspectiva de igualdade de oportunidades en todas as políticas e accións municipais. Durante os próximos cinco anos, preténdese desenvolver un conxunto de medidas concretas e efectivas que respondan ás necesidades específicas de mulleres e homes no municipio, coa finalidade de avanzar cara a unha igualdade real e efectiva.

Para a súa elaboración, ofreceuse á veciñanza a sua participación a través dun cuestionario na páxina web municipal. Ademáis tomouse como base a avaliación do II PIOM e os obxectivos pendentes de acadar así como actuacións que son susceptibles de mellora ou de dar continuidade neste terceiro documento. Todos os departamentos municipais aportaron información de diagnose e tamén se tomou como referencia o propio proceso de avaliación da empresa contratada para a elaboración do Plan.

O III PIOM estructúrase en 5 áreas de actuación sobre as que se vertebran todas as accións municipais para os vindeiros anos en materia de igualdade: transversalidade de xénero; prevención e atención integral da violencia de xénero; coeducación, cultura e deporte; conciliación, corresponsabilidade e mercado laboral; e participación e benestar social.

Tracking Pixel Contents