Baiona recibe unha doazón de obras sobre Cristóbal Colón
Colón
y Os libros poderanse consultar na sala de lectura con cita previa

Antonio Montero Carro e Ester Campos Rey doaron os libros. | // D.P.
d.p.
O alcalde Jesús Vázquez Almuíña e o concelleiro de Cultura Policarpo Vilar recibiron no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona, a doazón dun lote de obras bibliográficas, que todas elas versan sobre a vida e obra de Cristóbal Colón.
Os doantes son Don Antonio Montero Carro, coidadoso bibliófilo e ex-xerente do Consello da Cultura Galega e a súa esposa, Dona Ester Campos Rey, quen ten gran apego e amor pola Vila de Baiona. Trátase de libros singulares, cuxa existencia é moi escasa dentro dos fondos doutras bibliotecas.
Algúns dos libros donados son «Cristóbal Colón. Descubrimento das Américas», por Alfonso de Lamartine, publicado en español en 1867 en catro volumes, ou a obra «Retrouso a Colón», de Massó Bolívar, publicada en 1960 en galego e castelán pola Editorial Monterrey de Vigo.
Tamén se suma a esta doazón «Vida de Hombres ilustres» VVAA., de 1941 e «O enigma de Cristóbal Colón e os descubrimentos de América» de Eslava Galán.
Estes libros, en perfecto estado de conservación, xa foron aceptados tanto polo interese da temática e como pola singularidade da publicación.
Pasan agora a formar parte do catálogo do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública, e incluiranse no fondo especial Fondo Arribada.
Calquera persoa que o desexe poderá consultalos na Sala de Lectura, con cita previa.
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Mediaset emite un comunicado sobre el futuro de 'Reacción en cadena' en Telecinco
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Cinco santuarios de vértigo que quitan el hipo en el norte de Portugal
- Propuestas en donde más bate el mar en Bueu
- Cuatro años de cárcel para una mujer por abusar de un menor en Ourense: le pidió que mantuvieran la relación en secreto
- Muere a los 40 años el escritor y periodista estradense Damián Barreiro