Belén

Volve á Cañiza o singular belén de Marta Mariño

Este ano o nacemento está no Centro de Día da Praza de Oriente

O nacemento deste ano inclúe mensaxes solidarias.   | // D.P.

O nacemento deste ano inclúe mensaxes solidarias. | // D.P.

d.p.

O Belén de Nadal, da deseñadora Marta Mariño, que desde hai unha década comparte con todos os cañicenses as súas creacións, instalando as composicións en diferentes localizacións municipais, adorna un ano máis a Cañiza.

Marta ten instalado as súas creacións na Casa de Cultura, no Salón de Plenos,nas oficinas xerais do Concello e este ano no Centro Social de Día, na Praza de Oriente.

Na entrañable composición de Marta Mariño, como xa é tradición nesta deseñadora, atopamos novas creacións adaptadas aos acontecementos que marcan a nosa actualidade, como unha chiscadela de solidariedade con todos eles, neste caso coa Dana de Valencia.

Un ano máis o Alcalde Luis Piña, en nome da veciñanza, felicitou a Marta pola súa creatividade e agradeceu o esforzo e o traballo invertidos nesta pequena grande composición de Nadal.

O Belén poderase visitar no Centro de Día da Praza de Oriente, ata despois da festividade de Reis, en horario de 14.30h a 21.00h, de luns a domingo, a excepción do día 1 de xaneiro de 2025, data na que o Centro permanecerá pechado.

Tracking Pixel Contents