Fin de ano

Soutomaior vive un fin de ano para todos e todas

Soutomaior prepárase para rematar o ano por todo o alto, con festas pre-fin de ano específicas para cubrir as necesidades dos públicos de todas as idades; seguidas dunha entrada no ano novo que se centrará nas actividades para a infancia.

Tardeo musical en Soutomaior.   | // D.P.

Tardeo musical en Soutomaior. | // D.P.

d.p.

Soutomaior xa está preparado para correr hoxe a súa carreira de San Silvestre, que comezará ás 17:00, contando cun percorrido adaptado, e que culminará ás 19:00 coa actuación de Olalla DJ.

Peter Punk actuará o día 31.   | // FDV

Peter Punk actuará o día 31. | // FDV

O tecido asociativo e a cultura están presentes nunha programación para todas as idades, fomentando as relacións interxeneracionais, implicando aos centros educativos e aos centros de maiores. Hai tamén programadas actividades adaptadas a persoas con diversidade funcional, visibilizando as múltiples capacidades das persoas.

O Concello prepárouse para finalizar o ano dun xeito no que todas as persoas poidan despedir e vivir o fin de ano desde Soutomaior.

Baile para maiores

A despedida comezará mañá co Baile de Nadal para os maiores de 65 anos. Un baile que estará amenizado polo Trío Azbache e que se desenvolverá na Casa do Pobo do Val Sobral. Este baile será totalmente gratuíto e contará con cotillón e cholocatada. Para esta cita o concello porá, tamén de balde, a disposición das e dos veciños buses lanzadeira desde Arcade e pasando polos barrios de Soutomaior para chegar ao lugar da celebración que será, como xa dixemos, a Casa do Pobo do Val Sobral.

Fin de ano infantil

Tras esta celebración chegará a quenda da cativada, para elas e eles a cita estará centrada no propio día de fin de ano co espectáculo de «Prebadaladas» de Peter Punk. Un evento que se desenvolverá na Alameda de Talo Río en horario de 17:30 a 18:30h. Un espectáculo destinado ao público familiar e onde a cativada rematará o ano cun grande divertimento grazas ás peripecias deste clown.

Grande festa

E para rematar, chegará a grande festa de fin de ano, que terá lugar na noite do día 31 de decembro na Alameda de Talo Río. Unha cita que será totalmente de balde e que estará protagonizada por «La Yaya» DJ, que será quen de poñer a bailar a todos os públicos que se acheguen a celebrar este fin de ano en Soutomaior. Unha festa que contará cunha carpa climatizada, roupeiro, cotillón, nobingo musical e moito máis. A celebración dará comezo a partir das 00:45 horas.

Programación

Para comezar o ano, volve á Alameda Talo Río o Mercado de Nadal, que desde as 16:30 ás 20:30 permitirá aos visitantes comprar os mellores agasallos para os seus seres queridos.

Mentres tanto, tamén na alameda e no mesmo horario, a carteira real recibirá á cativada que queira enviar a súa carta ás maxestades de Oriente. A rapazada poderá tamén xogar nos inchables.

Entre as 19:00 e as 20:00, a alameda recibirá a Pablo Díaz a dúo co seu concerto para público infantil «Novas vellas melodías».

O domingo 5 de xaneiro será un día moi especial. A Casa do Concello de Soutomaior acollerá a recepción oficial das Súas Maxestades de Oriente ás 11:00, precedida por unha sesión de contos reais ás 10:30.

A partir das 11:30 e ata as 14:30, as súas maxestades visitarán os barrios de Soutomaior.

Ás 17:30 comezará a cabalgata de reis, que sairá no cruce do Viso e percorrerá Xosé Solla, Roxelio Landeiro e Rosalía de Castro, para rematar ás 19:15 na alameda Talo Río cunha recepción Real.

O luns 6, a programación festiva chegará ao seu fin cunha sesión de cantares de reis polos barrios, destinada a público infantil, que sairá do Pavillón ás 10:30 para continuar por Montesiña, Romariz, Pedreira, Cortellas, Val Sobral e Alxán, onde finalizará.

Tracking Pixel Contents