Eurocidades
«Olympics4all» gaña medallas e amizade
O salón de plenos de Tomiño acolleu o acto de peche da iniciativa que fomenta o deporte entre as persoas maiores e tece lazos a ambas beiras do Miño
d.p.
O salón de plenos do Concello de Tomiño acolleu o acto de peche de tempada da iniciativa «Olympics4All», unha actividade da Eurocidade Cerveira-Tomiño que busca promover a práctica deportiva entre as persoas maiores de 60 anos, reforzando o intercambio social e cultural entre municipios de ambas as dúas beiras do Miño.
Nunha competición na que o equipo da Eurocidade alzouse coa vitoria nos últimos cinco anos de forma consecutiva, as e os 42 integrantes do equipo presumen de títulos. Composto ao 50% por homes e mulleres de Cerveira e Tomiño, a maior parte das e dos integrantes participan nesta actividade dende o principio, «ilusionadas e ilusionados como o primeiro día, cheos de vida e sen faltar nunca» a ningún dos dous adestramentos que se levan a cabo en Cerveira.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quixo felicitar ás persoas participantes nesta iniciativa, destacando que o proxecto segue a ser un referente de éxito. «Estades a demostrar que o deporte non ten fronteiras, que a saúde e a amizade poden cultivarse sen importar a idade», resaltou.
Un éxito no que tamén fixo fincapé o concelleiro de Deportes de Tomiño, Rubén García, que destacou o valor dunha iniciativa que promove a convivencia entre os veciños e veciñas da Eurocidade, pero tamén as boas prácticas para unha vida saudable.
No acto tamén estivo presente o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira que subliñou «o traballo excelente que, ademais de promover a actividade física, axuda a socializar e competir, sentíndose parte dun mesmo equipo».
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Despedida de una panadería de Vigo por sisar monedas de las ventas
- Malas noticias para los pensionistas: adiós a recibir la paga extra este 2025
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Un robo con extrema violencia: asaltan a punta de pistola a una pareja y la rocían con gasolina en Meis
- Bruno Vila se despide de sus compañeros de los Mozos de Arousa: «Cerrando etapas»
- Preparados para tiritar: alerta por frío en Galicia
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»