Galardóns

Covelo Natural e Pablo Castro premiados nos “Síntete Covelo”

A corporación manifestou a súa emoción neste acto que distingue o amor pola vila

Galardoados deste ano nos premios «Síntete Covelo».   | //D.P.

Galardoados deste ano nos premios «Síntete Covelo». | //D.P.

d.p.

O Concello de Covelo entregou os seus recoñecementos da décima edición dos «Galardóns Síntete Covelo». A Asociación Covelo Natural recibiu o seu galardón, segundo trasladou a concelleira Lourdes Enes, «polos 30 anos adicados á divulgación e promoción do Concello de Covelo a través da micoloxía, gastronomía, apicultura, fotografía, bioloxía e difusión de coñecementos e posta en valor do patrimonio medio ambiental a través de diferentes actividades no colexio de Covelo, sempre coa finalidade de ensinar e protexer o emblema do concello de Covelo e a sua natureza». Ademais, o xurado formado pola concelleira do BNG, Belén Carballo; José Fdez Muradás, concelleiro do PSOE e Lourdes Enes, concelleira do PP, entregou o seu recoñecemento ao piloto de rallys Pablo Castro «quen leva o nome de Covelo ao longo da súa traxectoria».

A concelleira, Lourdes Enes, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, manifestaron a súa emoción neste acto que distingue o amor pola vila e a dedicación en conservar o patrimonio. «Como alcalde é emocionante estar aquí destacando ás persoas que levan o nome de Covelo con orgullo».

Tracking Pixel Contents