A comarca vistese de luces (de Nadal)

Os efectos led con dourados levan a elegancia aos adornos | Algunhas figuras son fotografadas mil veces

Praza do Concello de Salvaterra cos adornos deste ano.   | // D.P.

Praza do Concello de Salvaterra cos adornos deste ano. | // D.P.

D.P.

Non só a grande cidade ten luces de Nadal. Todas as localidades pequenas e grandes mostran estes días o potencial do alumeado decorativo como polo de atracción de centos de visitantes e gozo das veciñas e veciños. Miles de lámpadas led foron colocadas nas principais rúas e lugares emblemáticos das nosas vilas para anunciar unha época diferente.

No centro da cidade de Tui pode verse este adorno vivo.   | // D.P.

No centro da cidade de Tui pode verse este adorno vivo. | // D.P.

Están os decorados continuistas que realzan a fermosura das vilas e e pequenas cidades e son un elemento máis para fortalecer as paisaxes urbanas e rurales da nosa comarca. Tamén están as apostas máis atrevidas como o vestiario de led tirando a dourado que levan a elegancia aos adornos.

Encendido de las Luces de Navidad en Baiona

Encendido de las Luces de Navidad en Baiona / Marta G. Brea

É o caso de Porriño, que este ano xogou a namorar dándolle cor de ouro á noite, o que conxuga coas pedras centenarias das suas principais rúas.

Acendido das luces de Nadal de Nigrán.   | // D.P.

Acendido das luces de Nadal de Nigrán. | // D.P.

Hai centos de luces postas sobre as rúas, pero tamén bólas para entrar no corazón do Nadal, cubos en forma de regalo onde os visitantes se meten para fotografiarse e lembrar que o regalo somos nós, cando enviamos unha fotografía ás persoas que queremos.

Acto de acendido das luces en Gondomar.   | // D.P.

Acto de acendido das luces en Gondomar. | // D.P.

Hai figuras feitas con luces que son miles de veces fotografadas. Pode ser o exemplo de trineo con renos da cidade de Tui, ou o boneco de Salceda, posto na entrada como elemento de xogo coa infancia, nunha das vilas máis novas de Galicia.

Proxección de vídeo mapping sobre o Concello de Tomiño | // D.P.

Proxección de vídeo mapping sobre o Concello de Tomiño | // D.P.

E este ano volve de novo o videomapping; a idea tróuxoa no 23 o Concello de Ponteareas e agora tamén a podemos ver en Tomiño. A proxección de imaxes en edificios públicos son un un novo elemento decorativo para momentos especiais. As novas tecnoloxías axúdannos a entrar nun mundo de fantasía que é moito mellor no Nadal, para grandes e pequenos.

Consistorial da localidade de Arbo este ano.   | // ANXO GUTIÉRREZ

Consistorial da localidade de Arbo este ano. | // ANXO GUTIÉRREZ

As comarcas da Área de Vigo mostran estes días o seu bo facer e ilusión dos seus concellos polo Nadal, unha festa que é posible en cada lugar, que sempre é diferente e ilusionante.

Praza do Cristo de Porriño, coa capela iluminada e as árbores lucindo tiras de led amarelo dourado   | // D.P.

Praza do Cristo de Porriño, coa capela iluminada e as árbores lucindo tiras de led amarelo dourado | // D.P.

Tracking Pixel Contents