Mocidade

Coas drogas «non pasa nada, pasa algo»

A Asociación Alborada aborda o consumo na mocidade

d.p.

A Concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, en colaboración coa OMIX do Porriño impulsan o Programa de Prevención Selectiva do consumo de drogas no ámbito educativo. Baixo o lema «non pasa nada, pasa algo» traballarán co alumnado de 4º da ESO e Formación Profesional Básica dos centros educativos de Mos e O Porriño.

«O obxectivo principal desta iniciativa é proporcionar á mocidade ferramentas efectivas para evitar adiccións, fomentando un crecemento saudable e consciente», explicou a concelleira, «Para iso, o Concello estableceu unha colaboración coa Asociación Alborada, que achegará a súa experiencia na prevención de condutas adictivas».

O programa estruturarase en dúas partes: unha fase inicial que incluirá sesións co persoal docente e as familias, e unha segunda fase que consiste en talleres interactivos cos adolescentes nas aulas. Durante estas sesións, trataranse conceptos clave sobre adiccións, así como temas relevantes como o xénero, a adolescencia e os factores de risco e protección.

Tracking Pixel Contents