Actividades

«Baiona Bay» pechará hoxe un día movido en Nigrán

O concerto será ás 20:00 horas no Auditorio Municipal

d.p.

O Concello de Nigrán ofrece hoxe ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, dentro da súa programación especial de Nadal, o concerto do grupo baionés de cordas «Baiona Bay».

Baiona Bay

O grupo xurdido hai 11 anos en Baiona está formado por once voces, acompañadas por bandurrias, laúdes, guitarras, baixo e percusión.

O grupo dá forma a temas populares galegos, e versiona tamén temas actuais ou clásicos, tanto da música española como dos grandes temas mundiais de todos os tempos, como «Agárrate a mi, María» ou «My way».

Deporte

No eido deportivo haberá tres grandes eventos: a carreira San Silvestre Solidaria, a concentración dos nadadores en augas abertas «Arroases do Val Miñor» en Panxón, e o trofeo de ciclocross en Porto do Molle.

Obradoiro

Este mesmo día celebrarase tamén un obradoiro de percusión africana na Escola Municipal de Música a cargo de «Latexo Percusión».

Tracking Pixel Contents