Formación

O Mercado de Tomiño batalla pola excelencia

Formacións individuais e grupais e as visitas a outros mercados fan posible o crecemento dos comerciantes

Comerciantes en formación xunto a Cris Martínez e Tania Alves.   | // D.P.

Comerciantes en formación xunto a Cris Martínez e Tania Alves. | // D.P.

d.p.

O Mercado Municipal de Tomiño, declarado o primeiro mercado de excelencia de Galicia pola Xunta de Galicia, continúa traballando para merecer o galardón cada día.

Nas últimas semanas, os praceiros e praceiras que venden os seus produtos na praza tomiñesa, puideron continuar co seu plan de formación permanente, que lles permite crecer e reciclarse para estar á altura dos mellores profesionais, mantendo así o recoñecemento que lle foi concedido.

Co propósito de apoiar e axudar aos comerciantes a incrementar as vendas, fórmase aos e ás comerciantes para empregar correctamente as técnicas existentes, e coñecer outras experiencias de éxito.

A decena de empresarios que forman o mercado do Seixo, asistiron a titorías individuais, nas que analizaron o estado do seu punto de venda e recibiron propostas de mellora de mas de técnicos especializados na materia. Estas actividades complementáronse cunha visita ao mercado de abastos de Santiago de Compostela.

Asemade, os comerciantes do mercado municipal de Goián, tamén recibiron formación individualizada e en grupo, co obxectivo de incrementar as súas vendas e coñecer as novas tendencias de consumo.

Tracking Pixel Contents