Xornalismo
O IV Premio Sesé Mateo xa ten gañadoras
Macarena Baena e Laura de Grado obteñen o recoñecemento cunha reportaxe que denuncia a situación de vulnerabilidade das mulleres migrantes

Macarena Baena e Laura de Grado. | // D.P.
d.p.
As xornalistas Macarena Baena Garrido e Laura de Grado Alonso son as gañadoras do IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético pola súa reportaxe «Desprotexidas. A realidade das mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero en España». O traballo foi publicado na web Efeminista, da axencia EFE. Trátase dunha ampla reportaxe que inclúe vídeos con testemuños de mulleres de diferentes nacionalidades. Este traballo denuncia «a situación de vulnerabilidade destas mulleres migrantes, que ademais de sufrir violencia de xénero son tamén vítimas de violencia institucional, racismo e unha desprotección sistemática pola súa situación irregular». A reportaxe ofrece tamén a visión de expertas que propoñen solucións.
A concelleira de Iguldade, Iria Vilaboa, sinala que o traballo elixido polo xurado pon o foco nas propias vítimas, «mulleres invisibles que sofren marxinación e violencia polo feito de ser mulleres, o que se agrava pola súa condición de estranxeiras e sen recursos». A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que estes premios naceron co obxectivo de recoñecer «a ética á hora de tratar información relacionada coa violencia machista, evitando o sensacionalismo, e iso é o que fai esta reportaxe».
As xornalistas afirman que a súa responsabilidade «é dar visibilidade a aquelas voces que sistematicamente foron silenciadas». A través desta reportaxe «queriamos que estas mulleres se convertesen nas donas da súa propia historia, narrándoas en toda a súa complexidade». As autoras agradecen «a confianza e valentía» destas mulleres ao participar neste proxecto «co obxectivo común de que ningunha outra muller teña que vivir o que elas viviron». Advirten que «a falta de acceso a recursos, o racismo, a discriminación, a desconfianza nas institucións e a lei de estranxeiría colócaas nunha posición de extrema vulnerabilidade».
O xurado estivo formado polas xornalistas Cristina García (CRTVG) gañadora do II Premio Sesé Mateo, Ana González Liste (A Praza) gañadora do III Premio Sesé Mateo, Laura Nogueira (Atlántico Diario) e María Xesús Queimaliños (Radio Redondela). O premio está dotado n 1.500 euros e unha escultura en bronce feita pola asociación Lenda.
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- El conductor que arrolló a dos guardias civiles en Vigo casi triplicó la tasa máxima de alcohol
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- Un amigo de Anabel se sincera acerca de la desconfianza de su entorno sobre David Rodríguez: «Cosas tan horrorosas y feas...»
- Samil contará con un camping para autocaravanas