Deporte

O EDM Salceda FF acada a súa segunda vitoria

O equipo de fútbol feminino conseguiu a súa segunda copa contra o Tyde FC no estadio de Coia

EDM Salceda FF   | // D.P.

EDM Salceda FF | // D.P.

d.p.

O equipo de fútbol femenino EDM Salceda FF conseguiu facerse de novo coa vitoria na final de copa contra o Tyde FC no estadio federativo de Coia. Por segunda vez, o equipo de fútbol feminino de Salceda de Caselas consegue acadar este campionato mostrando que esta disciplina cada vez gaña máis prestixio e sona na vila. Despois dunha final moi disputada ata os últimos minutos, as xogadoras que adestra Brais Gómez conseguiron vencer 1 a 0 cun único gol, na segunda metade, de Alba Fervienza.

Despois de 12 anos dende a creación do club, da man do seu presidente e fundador, Enrique Martínez, as membros do EDM Salceda FF comezan a acadar os primeiros títulos e, con eles, crece o seu recoñecemento e serve como exemplo a seguir para as rapazas máis novas que queiran comezar na práctica do fútbol.

Un exemplo máis da forza do deporte feminino no concello de Salceda de Caselas.

Tracking Pixel Contents