Comercio local

O comercio de Nigrán «dá a cara» este Nadal

Imaxes para a campaña da Panadaría Dulcinea, sobre estas liñas, e de Nigranja, é dereita.   | //D.P.

Imaxes para a campaña da Panadaría Dulcinea, sobre estas liñas, e de Nigranja, é dereita. | //D.P.

d.p.

Os comerciantes de Nigrán volven «dar a cara» polo seu municipio un Nadal máis.

O comercio de Nigrán «dá a cara» este Nadal

O comercio de Nigrán «dá a cara» este Nadal

O Concello de Nigrán e a asociación de empresarios Ovalmi reuniron neste ano a sete novos establecementos de todo tipo na xa clásica campaña #EsteNadalMercaEnNigrán, a eles súmanse tamén outros 6 negocios «repetidores».

Ante o éxito de cada ano, o Concello e Ovalmi consolidan a iniciativa nacida no ano 2020 dándolle un xiro ao deseño, xa que agora a imaxe foi tomada no propio establecemento.

Así, sete negocios de sectores tan dispares como unha panadaría, unha granxa artesanal, un espazo creativo, un local hosteleiro, unha perruquería ou dúas marcas de moda inclusiva serán os principais protagonistas destas festas no municipio tanto en vallas como en redes sociais ou anuncios publicitarios.

A maiores, a inicios de Decembro Ovalmi e o Concello distribuirán 8.000 bolsas e sobres de papel kraft co lema #VivoEnNigránComproEnNigrán.

O Concello de Nigrán continúa así co seu esforzo para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza, tal e como leva facendo durante anos con campañas xenéricas ou en determinadas datas como esta, a Pascua, Día da Nai ou do Pai, etc.

Consumo consciente

«O Nadal é unha época de consumo onde podemos amosar o compromiso coa nosa vila mercando aquí de xeito consciente, pero tamén invitamos á xente de fora a que acuda ao noso municipio porque encontrará de todo e sen maior agobio, tanto para agasallar como para cociñar ou desfrutar», explica o alcalde, Juan González, quen agradece a Ovalmi a súa total disposición a colaborar con esta iniciativa cada ano.

«Coa campaña queremos, en definitiva, motivar ao consumo local e, a maiores, o Concello incluirá actividades durante todo o Nadal que dinamicen as rúas e, por suposto, tamén alumeado axuda porque é algo que tamén da vida ao comercio», finaliza o alcalde.

Tracking Pixel Contents