Pintura

Exposición de Robin Trigás en Tui

A mostra estará dispoñible ata o 11 de xaneiro

d.p.

Esta semana inaugurouse a exposición «Después de que nos hayamos ido» de Robín Trigas na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez. A mostra poderá visitarse até o 11 de xaneiro de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.

Robín Trigas, natural de Ourense, vive na actualidade en Tui. Os seus primeiros recordos son pintar e debuxar, e viaxar por un mundo creativo. Marino mercante de profesión descubriu outros lugares e outras persoas durante doce anos, até que decidiu dedicarse plenamente á arte. Para iso trasladouse a Londres, tras un breve paso por Madrid, onde se formou na prestixiosa Heatherley School of Art e na Chelsea School of Art.

Na exposición que presenta en Tui reflexiona a través da pintura sobre «a nosa presenza no planeta terra, a nosa relación con el e o efecto que podería ter nas nosas vidas o reconciliar a nosa condición de humanos coa nosa condición de terrícolas».

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, indica que esta exposición mostra unha escolma da produción de Robín Trigás na que salienta a súa relación coa paisaxe que aborda con técnicas propias como son a encaustica e a técnica nihonga (que significa técnica xaponesa e esta baseada no uso como medio de cola animal, mesturada con pigmentos).

Tracking Pixel Contents