Mocidade
Aprender dos maiores para crear futuro
O Pontea Interxeracional recoñece a experiencia das persoas maiores en ámbitos produtivos

Pontea Interxeracional en Ponteareas. | // D.P.
d.p.
O Concello de Ponteareas pon en marcha o Pontea Interxeracional, que recoñece a experiencia das persoas maiores en ámbitos produtivos amosándolla á xuventude para prolongar a súa sabedoría e non deixar que se perdan estes coñecementos. O proxecto favorece o enriquecemento persoal, social e laboral da mocidade ponteareá abríndolle novas perspectivas e oficios que poden ser unha opción para desenvolver a súa vida laboral na vila.
O Pontea Interxeracional deseña estas actividades tendo en conta tres eixos, o turístico, a cohesión tecnolóxica e dixital e a protección do medio ambiente. «Unha localidade que amose tradición e innovación será capaz de potenciar o seu desenvolvemento económico. As accións deben ser deseñadas con amplitude de perspectivas que se nutran entre elas. Así as nosas profesións, señas de identidades ou patrimonio e medio ambiente poden ser un potente atractor turístico», subliña a alcaldesa Nava Castro.
Segundo Cristian Montes, concelleiro de Xuventude, Pontea Interxeracional visibiliza e potencia os oficios tradicionais «porque ademais de darlles relevancia e contribuír a mellorar a imaxe e valor destas profesións poden ser un importante reclamo turístico, por iso dende o Concello queremos contribuír dando medios, formación e facilitando as relacións interxeracionais entre veciños e veciñas. Ao tempo, Pontea Interxeracional suscita, a través do coñecemento, o interese da xuventude podendo posibilitar un relevo xeracional dos oficios».
Entre as actividades realizadas están tarefas medioambientais e etnográficas, apicultura con Mel O Puño en Cristiñade; cestería de vimbio e de ratán con Suso e Rocío; cociña e repostería tradicional nos Muíños de Oliveira con Paco; imaxe e son con Carlos; patronaxe e costura con José; recollida de plantas aromáticas e mediciñais para facer xabróns e aceites mediciñais con Ana Belén e tarefas relacionadas coa arte alfombrista de Ponteareas e a veciñanza do rural.
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- El Concello aprueba expropiar dos fincas en Bembrive para uso dotacional
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»