Concursos

Adornar o balcón ou escaparete ten premio

Salvaterra organiza por segundo ano o seu concurso de escaparates

d.p.

Achégase o Nadal e o Concello de Salvaterra de Miño comeza a anunciar as actividades e iniciativas de cara a esta data tan especial.

O pasado ano organizouse por primeira vez o Concurso de Escaparates no que participaron un total de 13 establecementos da vila e que acadou moitas visualizacións nas redes sociais.

Nesta edición o concurso terá dúas categorías: unha de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios, e outra de balcóns e fiestras para veciños e veciñas de Salvaterra de Miño.

O fin desta inciativa é promover o espírito do Nadal entre a poboación e promocionar o comercio local e a súa oferta, ademais do propio Concello e os seus atractivos.

Participación

Os establecementos e persoas interesadas deberán enviar a súa foto antes do 13 de decembro ao correo comunicacion@concellodesalvaterra.org, onde ademais indicarán os seus datos para a participación no concurso. Unha vez recibidas as fotos publicaranse nas redes sociais do Concello de Salvaterra de Miño).

O gañador será o que maior número de «gústame» consiga. Unha vez finalice o concurso o 7 de xaneiro, ao día seguinte publicarase o escaparate e balcón ou fiestra que gañaron o concurso.

Premios

O premio para o mellor escaparate está composto por unha cea para dúas persoas, dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros e vídeo promocional do local.

O premio para o mellor balcón ou fiestra será unha cea para dúas persoas e dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros.

Tracking Pixel Contents