Urban Trail Night volve a unir as dúas beiras do Miño

deporte

Sétima edición da Urban Trail Night Eurocidade Valença – Tui.   | // D.P.

Sétima edición da Urban Trail Night Eurocidade Valença – Tui. | // D.P.

D.P.

[Tui]

A Urban Trail Night Eurocidade Valença – Tui chega a súa oitava edición coa intención de volver superar os 500 participantes. O vindeiro sábado, 23 de novembro, está anotado no calendario dos deportistas de ambos lados do Miño pola celebración desta proba: unha carreira totalmente diferente.

En primeiro lugar, pola súa condición de ser unha carreira nocturna e, en segundo, porque combina tramos propios do trail con outros de asfalto, introducindo elementos como escaleiras, ramplas ou muros.

Ademais, o trazado discorre por lugares insólitos e insospeitados, nada habituais para deportistas e efecionados. Entre eles atópanse os muros das murallas de Valença e toda a fortaleza tanto exterior como interior. Así mesmo, son puntos incluídos na carreira a vella ponte internacional e a zona monuemental de Tui, comprendendo elementos como a catedral e a ponte romana. Os participantes tamén transcorrerán polos «novos carreiros» a beiras do Miño.

Como en cada edición, este percorrido entre dúas cidades e dous países que comparten deporte e cultura terá modificacións que se irán descubrindo en canto se vaia achegando o momento da carreira. A decisión tomada no 2022 de optar por dúas distancias, unha de 8 e outra de 16 quilómetros, abriu a participación a moita máis xente á que se lle facía demasiado fatigoso o percorrido longo.

Novamente, a Urban Trail Night Eurocidade, sumarase aos actos que terán lugar con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, destacando o logotipo do 25N nas camisetas que se regalan a todos os rexistrados. Con isto e o recordo presente desta data, a organización quere seguir mantendo viva esta loita para terminar cunha lacra que afecta a toda a sociedade. Por outra banda, en referencia á camiseta conmemorativa desta edición, o modelo foi elixido por votación popular a través das redes sociais do evento.

A saída da Urban Trail Night darase ás 19.30 horas (hora galega) desde Valença e a meta estará situada no Paseo da Corredera de Tui. Toda a información está dispoñible na páxina web e nas redes sociais da Urban Trail Night.

TEMAS

  • Urban
  • Miño
  • deporte
  • Unha
Tracking Pixel Contents