Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gastronomía

“Galicia sabe amar” volve visitar Arbo

A foodtruck da campaña “Galicia sabe amar”, estará ó sábado 19 de outubro de 9:00 horas a 15:00 horas na vila

“Galicia sabe amar”.   | // D.P.

“Galicia sabe amar”. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

d.p.

[Arbo]

Arranca a segunda edición da campaña “Galicia Sabe amar”, impulsada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que chegará á Praza do Mercado o vindeiro sábado 19 de outubro.

Dende as 9:00 horas ás 15:00 horas haberá degustación gratuíta de produtos do mar para todas as persoas que se acheguen ao “restaurante móbil” da Xunta de Galicia.

Galicia sabe amar

“Galicia sabe amar” é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo, así como difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar e a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira, promover o consumo e a venda de peixe e marisco e poñer en valor o labor dos profesionais do mar que contribúen ao subministro de alimentos de calidade.

A primeira edición da campaña tiña lugar en outubro de 2023, cunha grande acollida entre os veciños e veciñas de Arbo e os compradores na Praza do Mercado, onde os praceiros da Praza de Abastos tamén participaron na actividade.

Desde o Concello de Arbo animan a todos e todas a que se acheguen a probar as delicias que serán preparadas polo cociñeiro da foodtruck. Tamén animan a que compren os seus produtos frescos na Praza de Abastos para cociñar as súas receitas. Na Praza do Mercado poderán comprar produtos de calidade, e terán un bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra.

Tracking Pixel Contents