Festas
O músico Pancho Álvarez ensinará á cativada porriñesa
O obradoiro terá lugar os días 18 e 19 de setembro

Alejandro Lorenzo xunto a Pancho Álvarez. | // D.P.
d.p.
Con motivos das Festas do Cristo do Porriño, o músico Pancho Álvarez impartirá un obradoiro instrumental dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos de idade, que terá lugar os días 18 e 19 de setembro ás 17:00 h no Centro Cultural Municipal.
Trátase dunha experiencia inmesirva onde os/as asistentes poderán coñecer diferentes instrumentos de corda, por orde cronolóxica, desde a lira da idade de bronce ata a guitarra eléctrica, pasando polos instrumentos do Pórtico da Gloria de Santiago ou do Pórtico de Paraíso de Ourense. Álvarez interpretará cantigas medievais, muiñeiras, xotas, alboradas e outras composicións de corte tradicional con instrumentos como a zanfona, a vihuela renacentista, a guitarra barroca, ou a viola de gamba, entre outros, e acompañarase de proxeccións e explicacións.
O obradoiro dividirase en grupos dun máximo de 30 rapaces/as e unha duración aproximada dunha hora. Os asistentes poderán acompañar nas diferentes pezas con percusións e palmas. É imprescindible inscribirse previamente neste obradoiro para poder participar. Os interesados poderán facelo a través do Rexistro Xeral do Concello, ben presencialmente ou a través da sede electrónica.
Pancho Álvarez confesa que “compartir calquera cousa co Porriño sempre é un pracer porque é o meu pobo e o será sempre, e poderlle amosar, sobre todo á xuventude, instrumentos que non é nada fácil ver nos escenarios hoxe en día, sen embargo están expostos en pórticos e monumentos. É precioso poder compartir con eles melodías de todo tipo: tradicionais, medievais, barrocas e incluso cancións que eles mismos recoñecerán e poderán cantar comigo”.
“É unha honra poder contar co noso querido Pancho nas Festas do Cristo, un dos nosos músicos máis internacionais e o mellor embaixador da nosa cultura galega por todo o mundo”, comenta o rexedor, Alejandro Lorenzo.
Pancho Álvarez síntese atraído pola música desde que tiña 10 anos, cando comeza a tocar a guitarra.
Ao longo da súa traxectoria, Álvarez mostra as súas facetas de intérprete, compositor, arranxista e productor, tanto a nivel individual ou grupal.
Con 26 discos ás súas costas, 6 como artista en solitario, Pancho Álvarez é un dos representantes máis internacionais da música galega tradicional, da que salienta que “está en continua evolución, chea de novas propostas, e esto é o mellor que lle pode pasar á música tradicional, porque é unha música que vai sempre parella aos tempos no que vai vivindo e coa que se van unindo as novas sonoridades coas que se intrepreta a música hoxe en día. Está nun bo momento”.
Entre os recoñecementos recibidos, salientan o Grammy á Mellor Música do Mundo 1997 pola súa colaboración no disco “Santiago” co grupo “The Chieftains”; o Premio ao Disco Folk Europeo 1998 da revista Folk World polo seu disco en solitario “Florencio, o cego dos vilares”, e Goya á Mellor Banda Sonora 2005 por “Mar Adentro”, filme que recibe tamén o Óscar á Mellor Película de Fala Non Inglesa.
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Reino Unido ya vende sus pulpos en Galicia: su sector pesquero factura ya casi el doble que el gallego por la persistencia de su «plaga»
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo
- De Doja a A Estrada para abrir boca
- Cancelado el Reggaeton Beach Festival 2026 de Nigrán: la dirección del evento anuncia que no habrá festivales este año
- Las gasolineras de bajo coste, camino de absorber más de la mitad de la oferta en Vigo: proyectan otra apertura junto a la avenida de Madrid
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa