Peregrinación
A Vía Mariana consolídase como produto turístico
Crearán a figura do guía oficial e presentaron a guía de mochila da Vía Mariana escrita por Luis do Freixo

Covelo é unha das paradas ao longo da Vía Mariana. | // D.P.
d.p.
A Vía Mariana aprobou na súa asemblea anual a creación da figura de guía oficial ou guías autorizados para ofrecer visitas guiadas nos tramos que percorren este camiño dende Braga a Muxía. Agora estudarán como abordar a formación destes guías que serán expertos nos 400 quilómetros de percorrido da vía co fin de xerar economía arredor da vida na Vía Mariana Luso-Galaica.
Ademais, na súa asamblea presentaron a guía de mochila da Vía Mariana escrita por Luis do Freixo que abre a xanela ao museo ao aire libre que supoñen os distintos tramos galegos e portugueses, que está á venda na plataforma Amazon.
A directiva abordou cos e coas socias as diferentes vías de comercialización do coñecido camiño das “deusas” despois de ter recibido ao longo deste ano distintas propostas por parte de empresas do sector turístico ao supor un produto novidoso e de alto potencial. Tamén se avaliou a posibilidade de estabelecer alianzas intermunicipais entre concellos limítrofes nos que dispor de camiños que conecten cos centros das vilas e cos seus servizos.
Neste intre, a Vía Mariana centra os seus esforzos en prever pasos alternativos naqueles puntos que se obstrúen no inverno e afianza a figura dos delegados/as de zona indispensables para dar apoio ás e aos peregrinos consolidándose como “anxos da guarda” coñecedores do territorio.
Tamén adiantaron que traballan en consolidar a súa relación coas deputacións de Coruña e Pontevedra, e que contan coa intención da Deputación de Pontevedra de presentar a Vía na vindeira Feira Internacional de Turismo (FITUR).
Na asemblea, a directiva salientou as boas prácticas do Concello de Covelo en canto a difusión e as do Concello de Moraña que foi o primeiro en colocar a cartelería oficial, tamén a aqueles concellos que dende o seu pequeno comercio ofrecen produtos e servizos pensados nos peregrinos.
Ademais, anunciaron a compra de dúas casas vellas para crear un albergue en Prado da Canda e a conversión dunha vella escola en albergue na praia fluvial de Cerdedo-Cotobade. A Vía Mariana Luso-Galaica consolídase como un denomizador económico e social que fomenta prácticas de vida saudables e promove relacións sociais e culturais.
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- El Concello aprueba expropiar dos fincas en Bembrive para uso dotacional