Pintura
Tomiño e Cerveira foron retratadas ao aire libre
Jose Luís García Miranda foi o gañador da XII Edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández

Gañadores do XII Certame de Pintura ao Aire Libre. | // D.P.
d.p.
Nas dúas beiras do Río Miño a xornada do domingo pasado estivo marcada pola arte, no marco da duodécima Edición do Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández, que bateu o récord de participación con 55 artistas.
Este certame realizouse de forma simultánea nas vilas fronterizas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, onde os e as artistas debuxaron in situ diferentes paisaxes nunha actividade desenvolta pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, coa colaboración da Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián.
As e os artistas recolleron pola mañá os soportes nos que elaborarían as súas obras, e dirixíronse posteriormente a diferentes puntos de Goián e Cerveira para deixar voar a súa imaxinación e recoller en vivo e en directo as paisaxes ou o acontecer destes lugares.
Tras a elaboración dos cadros, a Praza Pintor Antonio Fernández acolleu a exposición das obras realizadas, que pasaron a ser valoradas polo xurado profesional, composto por artistas de ambas beiras do Miño. Mafalda Santos, Ana María Pintora, Pilar Alonso e Suso Cubeiro foron os encargados de seleccionar as obras merecedoras dos diferentes premios.
Na categoría de adultos, José Luís García Miranda resultou gañador do primeiro premio do certame, dotado de 1.200 euros, nun acto de entrega presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Mentres que o segundo posto foi para María Arraúz de Robles e o terceiro para Juan Arévalo Gutiérrez, ambos premiados con 500 euros. Pola súa parte, os 3 accésits, dotados de 100 euros cada un, recaeron en Isabel Seidel, María de la Viña Ferrer e Noemí Comesaña Comesaña. Na categoría xuvenil, a premiada resultou Paula Arruza Murelaga, mentres que na infantil foi Hannah Carvajal Seidel quen se fixo co primeiro posto. Ambas recibiron un diploma conmemorativo e material de debuxo e pintura para poder seguir experimentando nesta disciplina.
O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, que forma parte das actividades desenvoltas pola Eurocidade Cerveira Tomiño, consolidouse así como unha xornada dinamizadora das rúas e os espazos naturais de Goián e Cerveira, poñendo en valor deste xeito a importancia da arte e da cultura.
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Brutal accidente en Meaño, con cinco heridos
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos