Conciliación
Remata o obradoiro infantil de pintura ao ar libre en Praia América
Unha ducia de nenas e nenos participaron en “Cada día un artista” a cargo de Laine Villero | Cada xornada estivo adicada a un pintor ou pintora

Os pequenos artistas expuxeron as súas obras. | // D.P.
d.p.
O alcalde de Nigrán e o edil de Cultura, Juan González e Roberto Garrido, asistiron á clausura do obradoiro de pintura en Praia América-Lourido “Cada día un artista”, promovido polo Concello de Nigrán e ofrecido pola artista Laine Villero.
Neste singular obradoiro, unha ducia de nenas e nenos de 6 a 14 anos dedicaron cada xornada desta semana a interpretar as obras dalgúns dos pintores e pintoras máis ilustres da Historia da Arte, como por exemplo Vincent van Gogh, Edvard Munch, Maruja Mallo, Pablo Picasso ou Frida Khalo. A rapazada, que pintou con acrílicos de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas baixo a sombra das árbores e aos pés de Praia América, expuxo todas as súas creacións para que as familias puidesen admirar o resultado final. A este obradoiro artístico o Concello suma o de cómic manga celebrado en xullo tamén con gran éxito. O obxectivo, ao igual que cos diferentes campus deportivos que se ofertan conxuntamente desde o Concello e os clubes de Nigrán, é ofrecer un tempo de lecer de calidade á cativada mentres que se facilita a conciliación familiar.
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conductor que arrolló a dos guardias civiles en Vigo casi triplicó la tasa máxima de alcohol
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Un amigo de Anabel se sincera acerca de la desconfianza de su entorno sobre David Rodríguez: «Cosas tan horrorosas y feas...»
- Samil contará con un camping para autocaravanas