Festas

O Porriño celebra as festas de San Sebastián

Hai actividades para toda a familia hoxe e mañá

d.p.

Esta fin de semana O Porriño celebra as festas de San Sebastián. Este céntrico barrio porriñés honra ao seu patrón con tres xornadas de actividades organizadas pola Comisión de Festas de San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño.

A programación arrincou cunha nova edición da Exposición Fotográfica do Porriño Antigo, na Capela de San Sebastián, que pode visitarse ata o 1 de setembro.

Hoxe, a partir das 17:30 h, festa infantil con inchables e festa da escuma. Ás 19:00 h empezará a animación de rúa e a partir das 20:00 h a Gran Sardiñada a precios populares para que todo o mundo poida participar.

Maña será o día grande. Ás 12 h celebrarase a misa na Igrexa Parroquial de Sta. María, seguida da procesión ata a capela acompañada polo grupo de gaitas San Xurxo de Mosende. Ao rematar, levarase a cabo a subasta e unha degustación de rosca. Ás 21:00 h a animación correrá a cargo do grupo The Turres Band e rematará a festa coa tradicional queima da fachada, ás 23:00 h.

Tracking Pixel Contents