Fronteira
Nigrán despide agosto cun concerto de Erea Castro na Foz
Será o venres 30 ás 22:00 no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz

Erea Castro. | // D.P.
d.p.
O Concello de Nigrán despide o mes de agosto co concerto o venres 30 de Erea Castro no escenario ao aire libre da Foz (22:00 horas) encadrado no programa ‘+ Música’ da Deputación de Pontevedra para promover os artistas galegos. A cantante miñota, como lle gusta que a recoñezan, reivindica a través da súa música a cultura dos espazos transfronteirizos nun traballo que pretende ser unha referencia máis dentro do World Music.
“Este concerto é unha maneira de reafirmar o noso irmandamento histórico con Portugal, Erea Castro é o mellor exemplo desta riqueza cultural transfronteiriza que queremos promover, por iso estamos encantados de despedir agosto con ela”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González.
A través das músicas creadas pola artista e as versións que trae de temas consagrados, tanto da música portuguesa como española, crea un fío condutor polo que transitarán os espectadores, experimentando todo tipo de emocións: a nostalxia, o amor, o sentido de loita na vida ou a alegría de vivir…
Nada en 1989 en Salceda de Caselas, nunha das fronteiras entre España e Portugal, creceu ouvindo a constante mestura musical que se producía entre os dous países. Comezou a cantar con tan só 3 anos de idade. Ao longo da súa vida, participou en diferentes certames como o Karaoke Internacional, obtendo un terceiro lugar; no Festival da Canción de Ordes, categoría profesional, onde conquistou o segundo lugar, e participou tamén na primeira edición de Recantos do programa LUAR, na TVG. Nos últimos anos colaborou con músicos de gran recoñecemento nacional portugués como Marco Rodrigues ou José Cid no Altice Area de Lisboa (2020).
Desde 2016 traballou no que constitúe o seu primeiro sinxelo “Arraial”, gravado entre Setúbal, Sesimbra, Mafra e O Porto, contando con grandes músicos do panorama portugués como Bernardo Viana (viola de fado), Pedro Viana (guitarra portuguesa), Valter Rolo (arranjos e piano), Frederico Gato (baixo) e Sertório Calado (percusión), entre outros.
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- El Concello aprueba expropiar dos fincas en Bembrive para uso dotacional