Diversidade

Mos sente orgullo da súa “Diversidade no Camiño”

O mural de Rakel Carvallo que promove un Camiño inclusivo e tolerante está rematado

Muller fotografa o mural.   | // D.P.

Muller fotografa o mural. | // D.P.

d.p.

Co obxectivo de avanzar nun Concello máis igualitario e tolerante, a Concellería de Igualdade e o CIM de Mos promoveron a realización do graffiti “Diversidade no Camiño”, executado pola artista Rakel Carvallo, de Vella Escola Cultura Urbana Galicia. Ademais , Rakel Carvallo, impartiu un pequeno Obradoiro infantil sobre o mesmo, no que os participantes puideron colaborar no seu desenvolvemento.

Estas accións artísticas de reivindicación da igualdade en Mos comezaron o pasado mes de xuño con motivo da conmemoración do Día do Orgullo. Entre elas realizáronse pegadas de sinais multicor polo Camiño de Santiago. O obxectivo de visibilizar ao colectivo e encher Mos coas cores da bandeira arcoiris tamén se fixo coas bandeiras que realizaron no Centro de Día de Torroso e nas Escolas Infantís, de xeito que se implicou a todas as idades para demostrar que o Orgullo non ten idade.

Tal e como explicaron os representantes municipais Arévalo e Costas “o obxectivo de iniciativas como estas é visibilizar o firme compromiso do Concello de Mos na defensa dos dereitos das LGTBI+ e contra a discriminación por orientación sexual, identidade sexual, expresión de xénero ou característica sexuais, continuando co fomento das actividades que se realizan coas familias e nos centros educativos, así como coa poboación xeral para avanzar na erradicación das discriminacións, ataques e actos de violencia que a día de hoxe seguen sufrindo as persoas LGTBI+”.

Tracking Pixel Contents