Sostibilidade
Ecocelta innova co primeiro secadoiro de esterco
Soluciona demandas do sector agroindustrial do territorio

ECOCELTA atópase ubicada na parroquia de Pías. | // D.P.
d.p.
A empresa ECOCELTA ubicada na parroquia de Pias, en Ponteareas, aumenta a súa capacidade de xestión de residuos agroindustriais da man do programa LEADER, tramitado a través do GDR Terra e Auga coa adquisición dun novo equipamento.
Neste ano a compra dun secadoiro, do que ata o de agora non dispuñan, abríu novas vías de negocio e contribúe ofrecendo servizos necesarios para o sector agroindustrial da contorna.
Este secadoiro facíase indispensable dada a climatoloxía da zona, con niveis altos de humidade, unha condición que supuña unha limitación á hora de recibir materias primas como estercos cunha porcentaxe de humidade superior ao corenta por cento e derivados.
Grazas á colaboración do GDR Terra e Auga como tramitador e xestor dos fondos LEADER na comarca, a empresa Ecocelta recibirá o apoio do 45,33% para o proxecto “instalación de secadoiro para deshidratación de gallinacea e outros residuos agroindustriais”.
“A axuda Leader permite aumentar a nosa capacidade de xestión, ademais unha xestión sostible para todo o sector agrogandeiro da zona. Detectamos que no mercado existían secadoiros de biomasa pero non de esterco e tivemos que contratar unha empresa que realizara un secadoiro a propósito para nós e para as condicións coas que traballamos con moitas variables de humidade que fai que precisemos unha máquina moi particular e este ano procedemos á contratación e instalación”, explican dende a directiva. Un avance no seu sistema de produción pero tamén un servizo para a contorna.
Así este ano comezaron xa a traballar e a innovar probando non só a secar a materia prima, tamén o produto final acadando bos resultados dando un mellor servizo ao sector e respondendo así a unha necesidade existente dende hai anos. “Traballamos para dar solucións innovadoras que respondan ás necesidades da contorna, promovemos dende a nosa creación a economía circular, traballamos atendendo á demanda da comunidade e, ao igual que o GDR Terra e Auga, apostamos polo rural e polo desenvolvemento sostible”.
Coa innovación por bandeira e con altas doses de investigación e creatividade veñen de lanzar o Humus Tea bag, unhas bolsiñas para diluir en auga que se converte nun potente fertilizante para regar ou pulverizar.
Unha infusión en auga fría ao alcance de calquera na tenda online de Ecocelta. Tamén estrearon un novo produto, a primeira area para gatos, Areamar que protagonizou reportaxes en distintos medios de comunicación de toda España.
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Aparecen decenas de libros desperdigados en una céntrica calle de Vigo: «Non o podo entender»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- Localizado Óscar Freire, que abandonó de forma voluntaria su domicilio
- Sale a la luz el plan de David Rodríguez tras descubrir que el foco de la investigación se centra en él: «Contar muchas cosas de su pareja»